O BNG de Boiro reclama o arranxo urxente do centro social de Escarabote
A formación denuncia o deterioro da instalación por falta de mantemento

A portavoz do BNG de Boiro, Raquel Suárez. / Cedida
O BNG de Boiro reclamou ao Concello o arranxo integral do centro social de Escarabote, denunciando o “desleixo e a inacción” do Goberno municipal ante o "avanzado estado de deterioro do edificio".
A portavoz nacionalista, Raquel Suárez, puxo o foco na falta de mantemento que arrastra a infraestrutura dende hai anos. “As paredes exteriores están sen limpar, con verdín, herbas no tellado e zonas sen pintar. É unha situación que está á vista de todos”, sinalou.
Segundo expuxo, no interior do edificio os problemas son aínda máis evidentes. “Os usuarios quéixanse das goteiras e das filtracións, especialmente no salón de actos e na cociña da cafetaría. As persoas que acudimos a estas instalacións vemos dende hai tempo como os caldeiros repartidos polo inmoble son cada vez máis frecuentes”, denunciou.
"A isto súmase o mal estado da porta principal, outro exemplo máis do progresivo deterioro do centro", engadiu.
Por outra banda, Suárez tamén fixo referencia á situación da cafetería do centro social, que leva meses pechada. “Agardamos que se saque a licitación o servizo para que se poida dinamizar o lugar e ofrecer alternativas como o baile das persoas maiores, que xa se ten feito neste espazo”, afirmou.
A portavoz nacionalista lembrou ademais que o BNG leva meses preguntando ao Goberno polo atraso da licitación do servizo de cafetería neste centro e denuncia que aínda non recibiu resposta.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El juicio por el nombramiento ilegal de la junta directiva del Compostela queda pendiente de Borja Iglesias
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Galicia activa alertas por nieve, viento y lluvia: las precipitaciones pueden superar los 40 litros por metro cuadrado