O Concello de Noia iniciará un plan económico-financeiro tras pagar xa facturas de catro exercicios
Os pagos pendentes a provedores motivaron que se superase a regra de gasto para 2025

O alcalde, Francisco Pérez, esquerda, e o edil de Facenda, Manuel Seijas. / Suso Souto
O Concello de Noia iniciará un Plan Económico-Financeiro no exercicio de 2026 tras completar un proceso de revisión e regularización contable que permitiu incorporar facturas pendentes de exercicios anteriores, principalmente correspondentes aos anos 2022, 2023 e 2024.
"Xa se pagaron uns 900.000 euros correspondentes a facturas de 2022, 2023, 2024 e 2025, e aínda quedan por abonar outros 200.000 euros", dixo o edil de Facenda, Manuel Seijas.
Segundo o Goberno local, durante os meses de xullo e agosto de 2025 rexistrouse "un volume extraordinario de facturas sen consignación orzamentaria" que supera o millón de euros. Esta regularización, orientada a garantir o pagamento aos provedores e reflectir con transparencia a situación económica real do Concello, supuxo a superación da regra de gasto establecida pola normativa vixente para o exercicio de 2025.
O actual Goberno municipal, constituído tras a moción de censura do pasado 11 de agosto de 2025, puxo en marcha desde o primeiro momento un plan de revisión económica e control do gasto co obxectivo de ordenar a situación financeira municipal e establecer unha base sólida para os vindeiros exercicios.
O concelleiro de Facenda, Manolo Seijas, destacou que “en só catro meses levouse a cabo un intenso traballo de análise e regularización que permitiu coñecer con rigor a realidade económica do Concello. Dende setembro xa se contemplaba a necesidade de acudir a un Plan Económico-Financeiro como ferramenta técnica para garantir o pagamento aos provedores e reforzar a estabilidade financeira”.
Aínda que formalmente o Plan Económico-Financeiro iniciarase no exercicio de 2026, o Goberno municipal xa adoptou medidas orientadas á redución do gasto corrente, á mellora da planificación orzamentaria e á racionalización da xestión económica municipal.
"O Concello de Noia reafirma así o seu compromiso coa transparencia, coa responsabilidade na xestión dos fondos públicos e coa adopción das medidas necesarias para asegurar a sustentabilidade económica da administración local", sinalou Seijas.
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades