Ribeira programa un ciclo de teatro e espectáculos de humor
O grupo Noite Bohemia da Coruña porá en escena a obra Yerma, de Federico García Lorca

Ana Barreiro, centro, con técnicos de Cultura, na presentación do programa Marzo de espectáculo. / Cedida
A concelleira de Cultura de Ribeira, Ana Barreiro, presentou o programa Marzo de espectáculo, cun amplo abano de autores consagrados da escena e da retranca galega.
A programación é totalmente gratuíta, con entrada aos espectáculos dende media hora antes das funcións e ata completar a capacidade do auditorio.
Trátase de monólogos e espectáculos de humor que terán lugar os venres ás 21.15 horas, e obras de teatro afeccionado de compañías galegas, os sábados ás 20.00 horas.
As actividades comezarán este sábado 28 de febreiro co grupo de teatro O Pedroso de Narón, coa colaboración da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño e o espectáculo O mundo ao revés.
Seguirán o resto do mes, o sábado 7 de marzo co grupo da Asociación Terra de Outes e a peza Comedia bífida; o sábado 14 de marzo co grupo da Asociación Charamela de Melide e o espectáculo E parecía parvo!; o sábado 21 de marzo coa Escola Municipal de Teatro Narón e a peza Terapias alternativas; para rematar o 28 de marzo co grupo Noite Bohemia da Coruña e o espectáculo Yerma, de Federico García Lorca.
En canto aos monólogos e espectáculos de humor, o programa inclúe unha peza de Vero Rilo e Ángeles Goás baixo o título Contos colorados, encadrada nos actos do CIM polo Día da Muller. Esta proposta recolle historias da tradición oral a través das mulleres das aldeas, con moita retranca e terá lugar o venres 6 de marzo.
Xa o 13 de marzo será a quenda de Leti da Taberna con Enredada, unha peza de humor visceral. O venres 20, Avelino González protagonizará Chistes que foron contos, e pechará o ciclo o venres 27 de marzo Malala Ricoy con Sexo seguro. Seguro?
Todos os espectáculos están recomendados para maiores de 13 anos.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago