A Pobra activa un servizo de asesoramento xurídico especializado en estranxeiría
Centrarase nos trámites relacionados coa obtención de residencia, nacionalidade, reagrupamento familiar ou homologación de títulos

Amparo Cerecedo, dereita, na presentación do servizo. / Cedida
O Concello da Pobra puxo en marcha un servizo de asesoramento xurídico especializado en estranxeiría e dirixido a persoas migrantes, emigrantes retornadas e solicitantes de protección internacional en situación de vulnerabilidade e/ou exclusión social.
O asesoramento será prestado polas avogadas da Asociación de Migrantes de Galicia mediante derivación do departamento de Servizos Sociais. A atención terá lugar na sede desa área os venres, en horario de mañá, contemplándose tamén a posibilidade de realizar consultas en liña.
Para acceder ao servizo é necesario solicitar cita previa, polo que as persoas interesadas deberán achegarse previamente polas oficinas deste departamento para tramitala.
O servizo está centrado no ámbito xurídico en materia de estranxeiría, ofrecendo asesoramento para obtención de residencia, nacionalidade, reagrupamento familiar ou homologación de títulos.
Prestarase especial atención ás consultas relacionadas coa regularización extraordinaria que se aprobará en breve polo Goberno central. Non se trata dun servizo vinculado ás áreas de emprego ou vivenda, que se xestionan por outras vías.
A edil de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, destacou que “é unha satisfacción retomar este servizo de asesoramento tan demandado nestes momentos, xa que A Pobra é unha vila acolledora e solidaria”.
Cerecedo asegurou que “hai un incremento de persoas migrantes que escollen o noso concello para vivir e, polo tanto, consideramos imprescindible que poidan acceder a un servizo que lles permita orientación para a súa legalización”.
Subliñou, por último, que se trata dun programa “aberto a toda a veciñanza, non só a aquelas persoas que participan en diferentes programas de Servizos Sociais”.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Galicia registra el invierno más húmedo de los últimos 25 años