Comeza en Boiro o foro arqueolóxico, no que se presentan investigacións sobre o xacemento de Atapuerca
A conferencia inaugural correu a cargo de Ignacio Martínez Mendizábal, codirector do equipo

O alcalde, José Ramón Romero, na inauguración do foro. / Cedida
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, abriu este sábado a 19ª edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que se celebra ata este domingo no Pazo de Goiáns co obxectivo de divulgar os resultados dos traballos arqueolóxicos realizados na comarca do Barbanza, doutras partes de Galicia e do territorio nacional ou internacional.
O Encontro Arqueolóxico do Barbanza comezou a realizarse no ano 2007. “Que unha cita como esta se manteña no tempo e de xeito ininterrompido durante tantos anos é grazas á implicación de todas as partes que o fan posible e ás que llo quero agradecer”, afirmou o alcalde durante o acto de apertura, á vez que agradecía o traballo do comité organizador e relatores que participan.
O programa deste ano conta con once relatorios nos que participarán preto dunha quincena de investigadores que exporán os seus traballos tanto a nivel nacional como internacional.

Mendizábal, esquerda, e Ramón Fábregas. / Cedida
Durante a mañá deste sábado desenvolvéronse os relatorios de Ignacio Martínez Mendizábal (catedrático de Antropoloxía Física e codirector do equipo de Atapuerca) nomeado Cuatro décadas de excavaciones e investigaciones en la Sima de los Huesos e tamén Genes que cuentan historias: huellas africanas en la Galicia actual que datan de la Gallaecia antigua, impartida por Antonio Salas Mendizábal (catedrático de Medicina da USC).
Ambos os dous expertos foron presentados por Ramón Fábregas, catedrático de Prehistoria da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
Mendizábal falou dunha das coleccións fósiles humanas máis importantes do Planeta: 7.000 restos (de 28 persoas) de medio millón de anos.
Salas dixo que "os estudos revelan entre un 13,5 e un 16,5% de ascendencia norteafricana e de Oriente Medio en Galicia, con presenza histórica anterior á conquista islámica".

Antonio Salas, esquerda, e Ramón Fábregas. / Cedida
Xa pola tarde será a quenda de Mario Ramos Soriano con Pistomarcos na Alta Idade Media: da descomposición do estado romano á xénese do feudalismo; Mª Elena Taboada Durán e Nerea Vilariño Salgueiro con Excavacións en Meira (Moaña): de torre a castelo; David García Casas con Arqueoloxía das paisaxes gandeiras na Serra do Suído: rabaños, chozos e comunidades rurais na época moderna (Fornelo de Montes, Pontevedra); Subsistencia e bioiversidade nas Serras Orientais de Galicia ao longo do Plistoceno superior, de Hugo Bal García; José Ramón Rabuñal Gall, Mikel Díaz-Rodríguez e Diego Lombao Vázquez, con Novas investigación nos xacementos prehistóricos de Cova do Santo (Pardollán) e A Pena Xiboi (Parga); e Jadranka Verdonkschot con Reconstruyendo el paisaje megalítico de la Serra do Barbanza: resultados preliminares de recientes trabajos e campo.
O domingo o programa continúa cos relatorios Las sociedades prehistóricas del norte peninsular ante un entorno cambiante, de María José Iriarte Chiapusso; Tierras que cuentan historias: la vida cotidiana Çatalhöyük y otras comunidades neolíticas de Turquía vista al microscopio, de Aroa García Suárez; e Investigaçao e divulgaçao a Arte Rupestre do Compexo do Vale do Tejo e do Vale de Ocreza: Metodologías e Perspectivas, de Sara Garcês.
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa
- Los mayores también llenan las aulas de la USC:«Motiva a seguir aprendiendo»