Gardacostas reforza a formación na loita contra a contaminación mariña cunha xornada en Ribeira
Efectivos de varias administracións e organismos públicos participaron nunha actividade teórico-práctica sobre o despregamento de barreiras anticontaminación

Participantes na xornada formativa de Gardacostas. / Cedida
Gardacostas de Galicia desenvolveu este sábado no porto de Ribeira unha xornada de formación teórico-práctica sobre o despregamento de barreiras anticontaminación, no marco das actuacións que realiza como responsable da dirección do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL) e da coordinación das operacións no mar cando se activa dito plan.
Esta actividade formativa resulta esencial para afianzar os procedementos operativos, mellorar a capacidade de resposta ante episodios de contaminación e adestrar o persoal no uso de equipos, medios materiais e técnicos especializados, garantindo unha actuación eficaz e coordinada en situacións de emerxencia.
A xornada tivo un carácter especialmente relevante ao contar, por primeira vez, coa participación conxunta de efectivos doutras administracións e organismos públicos.
Xunto aos axentes de Gardacostas da Unidade Operativa de Ribeira participaron tamén profesionais da embarcación Salvamar Sargadelos de Salvamento Marítimo (Sasemar), da lancha de salvamento Hermes da Cruz Vermella do Mar e da policía portuaria de Portos de Galicia en Ribeira, reforzando así a interoperabilidade entre servizos.
Con este tipo de adestramentos, Gardacostas de Galicia consolida o seu compromiso coa prevención, preparación e resposta fronte á contaminación mariña, apostando pola coordinación interadministrativa como un elemento clave para a protección do medio mariño e da actividade marítimo-pesqueira.
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa
- Los mayores también llenan las aulas de la USC:«Motiva a seguir aprendiendo»