A Casa de Acompañamento aos Maiores de Rianxo terá 59 prazas e ubicarase nun terreo de 8.323 metros cadrados
O alcalde levará ao vindeiro pleno a cesión á Deputación da parcela ubicada en Rianxiño

Boceto dun dos espazos comúns da futura Casa de Acompañamento aos Maiores de Rianxo. / Cedida
O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, levará ao vindeiro pleno a cesión da parcela para a construción da Casa de Acompañemento aos Maiores, o novo modelo público de residencias impulsado pola Deputación da Coruña.
A parcela localízase a carón do Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel e conta con 8.323 metros cadrados, dos cales 5.385 son edificables.
O proxecto responde a unha demanda histórica de Rianxo e da comarca do Barbanza que, grazas á colaboración entre administracións, por fin se vai facer realidade. A Casa de Acompañamento non só permitirá que as persoas maiores permanezan no seu entorno habitual, evitando situacións de desarraigo e illamento, senón que tamén será un motor de revitalización para a zona de Rianxiño. Unha zona na que, ademais deste importante equipamento, está previsto poñer en funcionamento o centro de día, en colaboración tamén coa Deputación da Coruña.
A residencia contará con 59 prazas. Será unha instalación pequena e baseada na cogobernanza entre profesionais, persoas usuarias e familias.
"Trátase de evitar o actual modelo hospitalario e dignifícase aos usuarios, que poden desenvolverse autonomamente. Estes centros buscan ser un lugar onde as persoas maiores queiran estar, onde se sintan cómodas e poidan desenvolverse ao seu gusto; en definitiva, que os sintan como as súas propias casas", explica o alcalde.
O centro que se pretende construír defínese como unha residencia para persoas maiores destinada a vivenda permanente e común na que se prestará unha asistencia integral e continuada ás persoas que poden presentar diferentes niveis de autonomía ou dependencia.
O proxecto, como centro de apoio especializado e de atención integral rehabilitadora para persoas maiores, incorporará novos e modernos servizos para as persoas, dotado das máis recentes tecnoloxías de atención xeriátrica, residencial e recuperadora.
O obxectivo é que a instalación sexa o máis semellante ao fogar tradicional, participativa e colectiva, incorporando espazos amplos, habitacións intelixentes, tecnoloxías de atención e de apoio e rehabilitación xerontecnolóxica. A achega cara a comunidade mediante servizos de proximidade busca ser un referente e tamén manter o tecido integrador coa veciñanza.
O centro constará de dous grandes bloques funcionais: un acollerá a área de servizos e outro a de residencia. Esta última distribuirase en catro unidades de convivencia definidas como lugares cotiáns de vida, contornas de apoios e de atención e, sobre todo, de convivencia e de intercambio, o máis parello posible a unha vivenda.
Trátase dun centro de perfil residencial orientado á atención e aos apoios especializados e de recuperación funcional para estadías fixas e temporais, mesmo de atención a persoas en situación de dependencia.
Trátase dunha proposta funcional, innovadora e especializada, axustada aos enfoques europeos e integrada por unidades de convivencia específicas que é promovida pola iniciativa pública.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Aterriza en O Eixo la primera Gran Festa Picheleira: 'Teremos dez horas de música sen parar, carpa e pulpeiro
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Galicia encara un nuevo temporal: lluvia, viento, nieve y avisos en la costa de A Coruña y Pontevedra