O Concello de Boiro restablece as gardas de 24 horas na Policía Local
Dende 2019 cubríronse 12 prazas de axentes, case o dobre das que se viñan cubrindo nos últimos vinte anos

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, cos efectivos da Policía Local. / Cedida
A Policía Local de Boiro recupera este mes de marzo as gardas de 24 horas durante toda a semana. Con esta medida, o Goberno local pretende reforzar a seguridade no municipio para garantir unha atención permanente e máis eficiente á veciñanza.
Retomar o cadro de 24 horas os sete días da semana foi posible grazas á cobertura de prazas que se veu realizando nos últimos anos, pois dende 2019 cubríronse 12 prazas de axentes, case o dobre das que se viñan cubrindo nos últimos vinte anos, pois, entre 1995 e 2003 cubríronse 2 prazas; entre 2003 e 2011 foron 5; e entre 2011 e 2019, ningunha.
“Que non se fosen cubrindo as prazas conforme se producían xubilacións fixo que o cadro de persoal se fose mermando e vímonos obrigados a replanificar as quendas para poder prestar o mellor servizo. Grazas ás novas incorporacións temos unha plantilla renovada e acorde ás necesidades de Boiro”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.
O cadro da Policía Local conta na actualidade con 14 axentes, 2 oficiais e 4 auxiliares. O obxectivo do Goberno local é seguir cubrindo as prazas vacantes “para así contar con outro oficial, un inspector e tamén un administrativo para cubrir todas as prazas recollidas na Relación de Postos de Traballo", engadiu.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre