O Concello de Noia inicia a mellora dos xardíns Felipe de Castro
Os traballos contan cun investimento de 90.000 euros

Manuel Seijas, dereita, e Francisco Pérez, centro, este luns no inicio dos traballos. / Cedida
O Concello de Noia iniciou este luns as obras para a mellora do pavimento e a humanización dos xardíns Felipe de Castro, situados na alameda, fronte á casa consistorial.
O alcalde, Francisco Pérez, destacou a relevancia desta actuación, sinalando que “trátase dunha obra na que estivemos traballando dende que chegamos ao Goberno, hai seis meses”.
O rexedor subliñou ademais que “é unha obra importantísima, que sumada aos traballos de limpeza integral e melloras na contorna e ao acondicionamento do Campo da Feira, van supoñer unha mellora da imaxe dun lugar tan céntrico como é o entorno da alameda”.
Pola súa banda, o concelleiro de Obras, Manolo Seijas, explicou que se trata “dunha obra de preto de 90.000 euros realizada con fondos europeos”. Así mesmo, indicou que esta intervención mellorará o tránsito entre o casco histórico e a alameda, "dous puntos fundamentais da vila”.
O Goberno municipal agarda que os traballos estean rematados a finais do mes de abril, coincidindo coa celebración da festividade de San Marcos, co obxectivo de que veciñanza e visitantes poidan gozar dun espazo renovado, máis accesible e integrado na contorna urbana.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades