Fabiola García felicita o equipo de remo inclusivo de Amicos polos seus éxitos competitivos
Destacou no XXIV Campionato de España de Remoergómetro e no VIII Open de España en Remo Indoor, celebrados en Cartaxena.

Fabiola García, no centro, cos integrantes do equipo Amicos-Cabo da Cruz. / Cedida
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, felicitou este mércores o equipo de remo inclusivo Amicos–Cabo da Cruz polos éxitos acadados no XXIV Campionato de España de Remoergómetro e no VIII Open de España en Remo Indoor, celebrados a pasada fin de semana en Cartaxena.
Fabiola García situou os membros do equipo como exemplo de superación, compañeirismo e ilusión e puxo en valor o traballo desenvolvido por todos os seus membros ao longo do campionato situando Galicia como referente do deporte adaptado.
Na súa intervención, a conselleira fixo mención tamén aos galardoados: Macarena Fernández, Ramiro Lueiro, Carolina Castro e Adrián Iglesias, ao tempo que destacou o traballo do adestrador, Gustavo Vázquez.
Neste sentido, agradeceu o bo facer de todo o equipo de remo inclusivo Amicos- Cabo da Cruz e a súa representación de todos os deportistas da comunidade. Por iso, destacou a súa clasificación para o campionato mundial, levando Galicia ao máis alto.
Así mesmo, animounos a continuar remando coa mesma ilusión e amosouse convencida de que, co tesón que demostran, poderán conseguir todo o que se propoñan no deporte e en calquera ámbito das súas vidas.
Fabiola García estendeu a súa felicitación a Amicos, por ser unha entidade de referencia no só no ámbito dos coidados, tamén a nivel da integración das persoas con discapacidade.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión