Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

COMERCIO

A ABE impulsa as compras en Boiro cunha campaña que sorteará tres xamóns polo Día do Pai

Desenvolverase do 6 ao 18 de marzo e basta con rexistrar os tíckets de compra

A Asociación Boirense de Empresas segue promocionando o comercio local.

A Asociación Boirense de Empresas segue promocionando o comercio local. / ABE

Boiro

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) inicia unha nova campaña de promoción comercial con motivo do Día do Pai, unha iniciativa destinada a incentivar as compras nos establecementos asociados e premiar a fidelidade da clientela nestas datas sinaladas.

Cartel promocional da campaña do Día do Pai no comercio de Boiro.

Cartel promocional da campaña do Día do Pai no comercio de Boiro. / ABE

A campaña desenvolverase do 6 ao 18 de marzo e permitirá ás persoas consumidoras participar no sorteo de tres xamóns, un produto que destaca pola súa calidade e que leva o selo Produtos da Praza de Abastos de Boiro, reforzando así o apoio ao produto fresco e ao comercio de proximidade.

Rexistro de tíckets

Para entrar no sorteo, as persoas clientes deberán rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra de calquera empresa asociada a través da aplicación habilitada na web da ABE (www.abe.gal).

Cada rexistro válido equivalerá a unha participación no sorteo, podendo rexistrarse cada tícket ou factura unha única vez. Serán admitidos aqueles rexistros realizados dentro do período da campaña e correspondentes a empresas asociadas, cuxo listado actualizado pode consultarse na propia web.

Sorteo e entrega de premios

O sorteo celebrarase o 18 de marzo ás 9.00 horas. A ABE contactará directamente coas persoas premiadas e dará difusión aos resultados tanto na súa páxina web como nas redes sociais. Os premios poderán recollerse xa a partir dese día.

Comercio e o produto local

Desde a ABE subliñan que esta campaña continúa a liña de accións destinadas a dinamizar o consumo de proximidade, poñendo en valor nesta ocasión os produtos da Praza de Abastos de Boiro como sinónimo de frescura, confianza e calidade, do mesmo xeito que en anteriores edicións se destacou o selo de produtos dos propios negocios asociados.

O Día do Pai, que coincide tamén coa onomástica dos Xosés, Xosefas, Pepes e Pepas, representa unha das citas máis significativas do calendario comercial e unha ocasión perfecta para celebrar en familia. Desde a ABE anímase á veciñanza a aproveitar estas datas para ter un detalle especial e facer as súas compras no comercio local, apoiando así a economía de proximidade.

Tracking Pixel Contents