Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DÍA DA MULLER

Muros programa homenaxes, coloquios e contacontos para todas as idades polo 8M

Comezará o sábado, día 7, cun recoñecemento ás defensoras da praia

María Lago, esquerda, e Maruxa Martínez presentando os actos do 8M.

María Lago, esquerda, e Maruxa Martínez presentando os actos do 8M. / Cedida

Muros

O Concello de Muros programou actividades para todas as idades durante o mes de marzo arredor do 8M, Día Internacional da Muller.

A primeira será este sábado, 7 de marzo, cunha homenaxe ás defensoras da praia organizada polas asociacións de Abelleira no local social de Sorribos, para dar paso o 13 de marzo a un coloquio con exemplos de mulleres emprendedoras de Muros.

Cartel promocional das actividades do 8M en Muros.

Cartel promocional das actividades do 8M en Muros. / Cedida

Os días 16 e 17 chegará a quenda dos contacontos teatralizados nos centros de Infantil e Primaria de Vilalba, para pechar a programación cun novo Café Feminista no Centro Social de Louro.

"Unha programación cun obxectivo, o de concienciar na necesidade de seguir avanzando na igualdade real de dereitos, non podemos dar pasos cara atrás como sociedade", asegura Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade de Muros.

"É moi importante reforzar a concienciación, que as nenas e os nenos tomen conciencia do que é realmente a igualdade, por iso poñemos o foco un ano máis nos centros de ensino", explica pola súa parte a alcaldesa, María Lago.

Tracking Pixel Contents