Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

BOIRO

Nenos de 6 a 14 anos construirán vivendas castrexas no Centro Arqueolóxico do Barbanza

O obxectivo é achegar a prehistoria á rapazada

Os obradoiros impartiránse no Parque Arqueolóxico do Barbanza.

Os obradoiros impartiránse no Parque Arqueolóxico do Barbanza. / Cedida

Boiro

O Centro Arqueolóxico do Barbanza, ubicado en Boiro, organiza dous obradoiros co obxectivo de achegar á rapazada a prehistoria a través das vivendas castrexas. Será o sábado 21 de marzo ás 11.30 e 17.00 horas.

Os participantes explorarán o interior dunha vivenda castrexa reconstruída, onde descubrirán como era e como se vivía nelas. Ademais, converteranse en pequenos arquitectos, deseñando e modelando as súas propias casas de barro, inspirándose nas construcións da época.

A actividade está destinada a rapazada de entre 6 e 14 anos e está limitada a 12 prazas por sesión, polo que se require inscrición previa que se pode facer na web do centroarqueoloxicodobarbanza.org.

Tracking Pixel Contents