ARTE
Demetrio Bermo, referente da artesanía galega, expón tallas e pinturas na Pobra do Caramiñal
É autor de numerosas obras sacras e mobiliario artístico

Demetrio Bermo, terceiro dereita, no acto inaugural da súa exposición. / Cedida
A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler acolle unha exposición de tallas e pinturas do veciño da Pobra do Caramiñal Demetrio Bermo, un dos referentes da artesanía galega contemporánea. O acto inaugural contou cunha actuación musical a cargo de Glauka e Tato.
Con máis de 70 anos de traxectoria como deseñador, ebanista e tallista, Demetrio Bermo é autor de numerosas obras sacras e de mobiliario artístico que o sitúan como unha figura destacada da artesanía galega.

Un momento do acto inaugural da exposición de Demetrio Bermo. / Cedida
Entre as súas creacións máis recoñecidas atópanse retablos como o dedicado a Santa Rita na igrexa do Caramiñal, o da Virxe da Mercé na capela de Postmarcos ou o peto esmoleiro dedicado a San Roque que doou ao Museo Valle-Inclán.
A exposición permitirá ao público achegarse a unha selección das súas tallas e pinturas, nas que se reflicte a precisión artística que o caracteriza.
Ao acto inaugural asistiron o alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo