Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONTRATACIÓN

Ribeira saca a licitación a instalación e explotación dos chiringuitos das praias

Os lotes ofertados son Coroso 1, Coroso 2, Punta Touro e Ameixida

Praia de Coroso, en Ribeira.

Praia de Coroso, en Ribeira. / Turismo de Ribeira

Ribeira

O Concello de Ribeira saca a licitación a instalación e explotación de chiringuitos de tempada en terreos municipais para dar servizo aos usuarios das praias.

Os lotes ofertados son Coroso 1, Coroso 2, Punta Touro e Ameixida, e as persoas interesadas só poderán presentar a oferta para un lote. A duración da concesión será de catro tempadas de verán (ata o 2029, incluído).

O anuncio publicouse o venres no perfil do contratante e no taboleiro electrónico municipal, polo que os interesados dispoñen de 30 días naturais para presentar ofertas.

A documentación e proposicións presentaranse de forma electrónica a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) ou en papel, mediante o Rexistro Xeral do Concello.

Tracking Pixel Contents