8M
Noia inaugura a Praza das Mariscadoras para honrar a memoria das mulleres que sostiveron a economía local
A histórica armadora Carmen Barcia dálle nome ao Museo do Mar

Acto inaugural da Praza das Mariscadoras no paseo marítimo de Noia. / Cedida
O Concello de Noia inaugurou oficialmente a Praza das Mariscadoras, situada ao inicio do paseo marítimo, un espazo que hai décadas foi escenario da intensa actividade das mulleres do mar.
A concelleira de Igualdade, Chelo Martínez, acompañada por membros do goberno municipal, presidiu o acto no que tamén participaron mariscadoras históricas da vila, integrantes de anteriores directivas da Agrupación de Mariscadoras de A Pé e representantes da actual.
No transcurso da inauguración colocouse unha placa conmemorativa que oficializa a nova denominación da praza. Martínez destacou que este recoñecemento pretende "facer xustiza coa memoria das mariscadoras de Noia, mulleres que co seu traballo sostiveron durante décadas a economía e a identidade mariñeira da nosa vila".
A pegada de varias xeracións
A concelleira subliñou ademais que este espazo simboliza a pegada que deixaron xeracións de traballadoras do mar: "O paseo marítimo foi durante moitos anos un lugar de encontro, traballo e vida para estas mulleres. Con esta praza queremos que a súa memoria permaneza para sempre no corazón de Noia", sinalou.
A inauguración da praza enmarcouse nunha xornada especial arredor do Día Internacional da Muller, que comezou coa apertura do posto informativo Stand Agresión Off na casa consistorial, e continuou co roteiro A Memoria das Mulleres.
Museo do Mar
No marco do roteiro tamén se oficializou o cambio de nome do Museo do Mar de Noia, que pasa a denominarse Museo do Mar Carmen Barcia, en homenaxe a esta histórica armadora da vila. O acto contou coa presenza da familia da homenaxeada e serviu para poñer en valor a súa traxectoria e o seu papel no desenvolvemento da actividade marítima local.

Familiares e veciños no actos de renomeamento do Museo do Mar Carmen Barcia. / Cedida
Segundo Chelo Martínez, "Carmen Barcia representa a tantas mulleres que contribuíron á historia marítima de Noia e que durante moito tempo non tiveron o recoñecemento público que merecían".
Festa pola igualdade
A xornada concluíu cunha festa pola igualdade na rúa do Curro, onde se desenvolveron obradoiros de pintado de camisetas e bolsas dirixidos a pequenos e maiores, e sesións musicais a cargo de Rapariga DJ e Yaya DJ.
A actividade puxo o broche final a unha programación que apostou pola interxeracionalidade, reunindo a veciñanza de distintas idades nun espazo de celebración e reivindicación da igualdade.
- Encuentran el cadáver de un hombre encadenado y sumergido en aguas del puerto de Ribeira
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Encuentran de madrugada el cadáver de una persona en el puerto de Ribeira
- Galicia quiere convertirse en el gran plató de las películas y series que se rueden en España
- O_Rubio King Doc Barni, la vaca lechera de Santa Comba que conquistó el título de Gran Campeona de Galicia 2026: 'Mi hermano pequeño y yo siempre tuvimos esta ilusión