SUBVENCIÓN
Ribeira recibe 137.415 € para mellorar o mercado municipal na búsqueda do selo de excelencia
O proxecto inclúe a climatización, pintado da fachada e substitución da iluminación

Mercado municipal de Ribeira. / Cedida
O Concello de Ribeira resultou beneficiario dunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para a mellora do mercado municipal por valor de 137.415,38 euros, o que equivale ao 80% do orzamento total.
Esta achega servirá para a climatización, a reparación do pavimento da terraza, o pintado da fachada e estrutura do beirado, a substitución de iluminación de chan no perímetro do edificio, e a reposición do alumeado nas escaleiras do terceiro andar.
Camiño á excelencia
O concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, mantivo unha reunión telemática co director xeral Gabriel Alén para tratar a execución desta intervención. "É unha oportunidade para seguir mellorando as prestacións aos praceiros e praceiras e, en consecuencia, á cidadanía de Ribeira. Temos produtos de excelentísima calidade a vender nunhas instalacións que queremos que tamén acaden a excelencia", indica o edil.
Trátase dunha medida máis cara a consecución do selo Mercado Excelente.
Diagnose e formación
A comezos de ano xa se adxudicou o contrato para os servizos de diagnose de situación e usos do mercado municipal e formación mentoring para os praceiros; tamén financiado ao 80% a través dunha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo