HÁBITOS SAUDABLES
'Capitán Mareas' de Vegalsa-Eroski arrinca en Ribeira para fomentar o consumo dos produtos do mar entre os rapaces
Marta Villaverde inaugurou unha iniciativa que promoverá 25 obradoiros en 11 lonxas galegas e dúas asturianas

Representantes políticos e de Vegalsa-Eroski con escolares na inauguración en Ribeira. / Luis Polo
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada da alcaldesa, María Sampedro, inaugurou en Ribeira a segunda edición do Capitán Mareas, o programa educativo de Vegalsa-Eroski, que procura fomentar o consumo dos produtos do mar entre os rapaces de 8 a 12 anos e dar a coñecer a actividade pesqueira local.
Así, desde marzo a maio, impartiranse 25 talleres en 13 lonxas, 11 galegas e 2 asturianas. Deste xeito, ademais da rula de Ribeira, estas iniciativas levaranse a cabo nas de Malpica, Laxe, Burela, Fene, Ferrol, Fisterra, Sada, Baiona, Cangas e más asturianas de Avilés e Puerto de Vega.

A conselleira no acto inaugural do programa educativo na lonxa de Ribeira. / Luis Polo
Para o desenvolvemento de cada acción formativa contarase coa colaboración dos nove Grupos de Acción Local Participativo (GALP) e das confrarías correspondentes.

A alcaldesa, María Sampedro, e a conselleira, Marta Villaverde, no acto inaugural. / Luis Polo
No marco das mesmas, os escolares coñecerán os testemuños do patrón maior e mariscadoras que lles explicarán o seu traballo diario no mar, as artes de pesca da zona e as propiedades dos produtos de tempada.
Tamén terán a oportunidade de coñecer, de primeira man, o funcionamento dunha poxa, dentro da visita á lonxa, sendo unha das actividades máis destacadas e que máis atrae a atención dos escolares.
250 estudantes e 9 colexios
Con esta actuación, o departamento que dirixe Villaverde dá continuidade ao seu compromiso coa sensibilización e fomento da introdución dos produtos do mar nos hábitos de vida saudables.
A primeira edición logrou involucrar a 250 escolares de 9 centros educativos. O proxecto naceu coa misión estratéxica de reverter a caída no consumo de peixe e marisco entre os máis novos, poñendo en valor o sector pesqueiro local e as propiedades destes alimentos para a salubridade, a través do contacto directo coa contorna mariña.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas