INNOVACIÓN
Un museo virtual permite explorar o Parque Natural de Corrubedo combinando contidos interactivos e divulgación científica
É o primeiro de Galicia e achega paisaxes, especies é habitats a calquera lugar

Marisol Díaz, á dereita, presentando o Museo Virtual do Parque Natural de Corrubedo. / X. G.
A Xunta de Galicia presentou onte en Ribeira o primeiro museo virtual dun parque natural que ten como obxectivo achegar o patrimonio ambiental e cultural á cidadanía a través de espazos dixitais interactivos.

Marisol Díaz, segundo esquerda, visitando dende Ribeiro o museo virtual de Corrubedo. / X. G.
Trátase do Museo Virtual do Parque Natural das Dunas de Corrubedo e as Lagoas de Carregal e Vixán. A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, asegurou que o obxectivo desta iniciativa é permitir «visitar e explorar este espazo protexido desde calquera lugar, sen límites físicos e combinando divulgación científica, contidos culturais e unha experiencia visual inmersiva».
«Os recursos audiovisuais, os percorridos guiados e os contidos interactivos permiten que o coñecemento sexa máis próximo, máis ameno e máis accesible para todos os públicos», engadiu.
Coñecer especies e hábitats
A través desta iniciativa, que se enmarca no proxecto Patrimonio natural e cultural de Galicia: do territorio ao museo virtual, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático busca que as persoas usuarias poidan percorrer as paisaxes do parque, coñecer as especies e os hábitats máis representativos, descubrir a historia do territorio e comprender mellor como se formaron eses espazos e por que son tan valiosos.
Divulgar coñecemento
Nese senso, a directora xeral, logo de avanzar que xa se está a traballar no deseño do museo virtual do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, fixo fincapé na importancia da tecnoloxía para divulgar o coñecemento e poñer en valor o patrimonio ambiental e cultural de Galicia.
A este respecto, a directora xeral de Patrimonio Natural subliñou que «estes museos virtuais contribuirán a espertar a curiosidade; a animar a coñecer, respectar e valorar a riqueza ambiental da Comunidade galega; a sensibilizar sobre a importancia da súa conservación, e a fortalecer o vínculo entre a sociedade galega e os seus parques naturais».
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año