Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

POLÍTICA

O PP de Noia acusa ao goberno de "vivir da propaganda" e apropiarse de proxectos populares

Santiago Freire asegura que «levan 6 meses sen mover un dedo»

Santiago Freire, segundo esquerda, e concelleiros do PP de Noia.

Santiago Freire, segundo esquerda, e concelleiros do PP de Noia. / Cedida

Noia

O voceiro e presidente local do PP de Noia, Santiago Freire, asegura que os primeiros seis meses de «desgoberno do PSOE e Marea, coa complicidade dun tránsfuga e do BNG, demostraron a súa absoluta incapacidade para xestionar nin un só proxecto novidoso».

«Están sempre queixándose da herdanza do Partido Popular, cando esa herdanza é a que lles está a salvar a cara diante dos veciños, xa que o meu Goberno deixou programados investimentos por máis de 6,5 millóns de euros. Eses mesmos proxectos que agora eles intentan vender como propios con mentiras e propaganda, chegando incluso a cambiarlles o nome para que parezan diferentes e que fixeron algo», afirma.

Obras xa proxectadas

Os populares lembran que nestes últimos meses o Concello de Noia leva executados máis de 1,7 M€ «en investimentos conseguidos, orzamentados, proxectados e mesmo adxudicados polo goberno presidido por Santiago Freire». Levan, engaden, "seis meses sen mover un dedo e vivindo da propaganda, de venderlle á veciñanza as obras que nós tiñamos proxectadas".

Desvergoña

E por riba, subliñan, "teñen a desvergoña de criticarnos e dicir que de non ser por eles non se terían ralizado, como fixeron recentemente coa instalación da aerotermia no campo de fútbol ou cos paenis do pavillón Alonso Rodríguez, dúas actuacións xestionadas polo meu goberno diante da Xunta de Galicia", indica Freire.

Tracking Pixel Contents