CULTURA
Valses, rumba e cha-cha-chá no programa Xoga ao Baile da Pobra do Caramiñal
A iniciativa ofrece experiencias educativas que contribúen ao benestar do alumnado

Presentación do programa Baile Deportivo na Pobra do Caramiñal. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal presentou o programa Xoga ao Baile Deportivo, unha iniciativa posta en marcha polo Taller Alecrín en colaboración coa Concellería de Cultura e a ANPA do Colexio Banda Seca.
A actividade terá lugar no CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras entre o mércores 11 de marzo, e o día 25 deste mesmo mes. O obxectivo é achegar á rapazada distintas modalidades de baile deportivo, así como fomentar esta disciplina como actividade física e artística e mellorar, á súa vez, a condición física das persoas participantes.
Hábitos saudables
A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, subliñou que "é unha maneira de achegar aos rapaces e rapazas a esta modalidade artística ao mesmo tempo que se promoven hábitos saudables".
O director de Taller Alecrín, Francisco Muñiz, salientou a importancia de «ofrecer experiencias educativas que van máis aló da aula e que contribúen ao benestar do alumnado».
Tres unidades
O programa abrangue tres unidades de tres sesións cada unha a desenvolver nas aulas de Educación Física como parte da programación da materia en relación ca expresión corporal e o ritmo. O obxectivo principal é dar a coñecer as modalidades de baile en parella tanto Estándar como Latino que compoñen o programa de competición de Baile Deportivo.
Competición
Valse Inglés e Valse Vienés serán os ritmos que se desenvolverán na primeira sesión desta primeira unidade, mentres Rumba e Cha-cha-chá serán os da segunda, para rematar nunha terceira sesión dedicada xa á propia competición. Nesta fase os participantes demostrarán as destrezas aprendidas.
As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao 698 150 432.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias