Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Xunta e Concello colaborarán para conectar vivendas illadas de Porto do Son ao saneamento municipal

O alcalde e a conselleira de Medio Ambiente estudan tamén mellorar o abastecemento

Roi Fernández, esquerda, Ángeles Vázquez e Luis Oujo.

Roi Fernández, esquerda, Ángeles Vázquez e Luis Oujo. / X. G.

Porto do Son

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, avaliaron vías de colaboración para mellorar as redes de saneamento e abastecemento do municipio e os servizos prestados á veciñanza neste eido.

Respecto do tratamento das augas residuais, analizaron fórmulas coas que dar solución á falta de conexión dalgunhas vivendas illadas ao sistema de saneamento municipal.

O Executivo galego e o Concello vanse coordinar para elaborar un proxecto mediante o cal os núcleos de poboación pendentes poidan incorporarse á nova estación depuradora de augas residuais.

Garantir o subministro de auga

A conselleira, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, abordou tamén as propostas do Concello para mellorar o servizo de abastecemento en varias parroquias de Porto do Son, co fin de garantir a subministración de auga potable durante todo o ano, especialmente no verán. Con ese fin, deseñarán e perfilarán a mellor solución posible desde o punto de vista técnico.

Apoio técnico e financieiro

Cómpre lembrar que, aínda que a prestación dos servizos de saneamento, abastecemento e depuración é unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten.

Con tal fin, Augas de Galicia aumentou o orzamento para 2026 un 5,5%, ata os 151,7 millóns de euros, para seguir optimizando o saneamento e o abastecemento coa mellora e creación de infraestruturas.

Tracking Pixel Contents