Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro celebrará nesta Semana Santa, por segunda vez, a procesión da Nosa Señora da Piedade

O programa comezará o sábado 21 coa lectura do pregón a cargo de Carlos María López del Río

Juan Bermúdez e María Outeiral, primeiro e terceira pola esquerda, cos demais organizadores dos actos da Semana Santa de Boiro.

Juan Bermúdez e María Outeiral, primeiro e terceira pola esquerda, cos demais organizadores dos actos da Semana Santa de Boiro. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro colabora coa Irmandade do Cristo da Misericordia na organización dos actos da Semana Santa 2026, que terán lugar entre o 21 de marzo e o 5 de abril.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación dos actos xunto co párroco de Boiro, Juan Bermúdez; Luis José López, viceirmá maior, e outros membros da Irmandade.

O programa deste ano comezará o sábado 21 de marzo, Sábado de Lázaro, coa lectura do pregón a cargo de Carlos María López del Río e a imposición de medallas aos novos cofrades.

Os días 25, 26 e 27 de marzo celebrarase o Tríduo á Virxe das Dores.

O Domingo de Ramos, 29 de marzo, terá lugar a tradicional bendición de ramos no Cruceiro de Bao, con procesión e misa solemne. Xa o Mécores Santo, 1 de abril, terá lugar a procesión da Nosa Señora da Piedade, que será o segundo ano que se celebre.

O Xoves Santo terán lugar a celebración da cea de Cristo, o Lavatorio, a Hora Santa e a procesión do Ecce Homo e da Virxe da Amargura, e o Venres Santo, a Paixón de Cristo e a procesión do Santo Enterro.

A programación dos actos da Semana Santa 2026 continuará o sábado 4 de abril coa celebración da solemne vixilia pascual e rematará coa celebración da solemne misa de Pascua o Domingo de Pascua de Resurrección.

Tracking Pixel Contents