Xunta e Concello pactan a ubicación da nova residencia de Ribeira
Construirase no lugar de Cruxeiras, cerca do parque periurbano de San Roque, e terá vistas ao mar

Fabiola García, esquerda, e María Sampedro, no terreo de Cruxeiras no que se construirá a nova residencia. / Cedida
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou recentemente a parcela onde se levantará a futura residencia de maiores pública de Ribeira. Na visita tamén participaron a alcaldesa, María Sampedro, e un técnico municipal, para comprobar a idoneidade dos terreos e que cumpren con todos os requisitos para levar a cabo a actuación comprometida polo Goberno autonómico.
A parcela está situada no lugar de Cruxeiras e é de titularidade municipal. Unha vez que xa está decidido o emprazamento do novo centro residencial, formalizarase o convenio de cesión dos terreos por parte do concello á Administración autonómica.
A Xunta empezou este mesmo mércores a redactar as bases técnicas para licitar canto antes a redacción do proxecto. Deste xeito, o Goberno galego cumpre co compromiso asumido co Barbanza de dotar a este concello dunha residencia de maiores pública.
A parcela escollida conta con zonas verdes e está próxima ao parque periurbano de San Roque, un dos pulmóns verdes de Ribeira. Ademais, está ben comunicada, próxima ao núcleo urbano e ten vistas ao mar.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo