O Plan Único mobilizou en nove anos 111 millóns de euros e financiou 603 obras en Barbanza e Muros-Noia
Este ano destina once millóns aos once concellos das dúas comarcas
Formoso saca peito por un esforzo inversor da institución provincial «superior ao da Xunta»

Pola esquerda, os edís Herminia Pouso (PBBI), Francisco Suárez-Puerta (PSOE) e Cruz Rivadulla (BNG), con María Sampedro, Valentín González, Luís Pérez (BNG) e Cristina García, este xoves no campo de fútbol de Oleiros. / Cedida
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Plans, Cristina García, presentaron este xoves en Ribeira os investimentos do Plan Único (POS+)en Barbanza e Muros-Noia, que conta este ano cunha achega de máis de 11 millóns de euros para os once concellos das dúas comarcas (Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira).
Formoso lembrou a necesidade de mellorar o financiamento municipal en Galicia e sinalou que «só a través do Plan Único a Deputación investiu o pasado ano 138 millóns de euros nos concellos da provincia da Coruña, unha cifra que supera en 20 millóns de euros á que a Xunta destina ao conxunto dos 313 concellos galegos a través do Fondo de Cooperación Local».
Por iso, reclamou á Administración autonómica «que incremente este fondo ata acadar un mínimo de 200 millóns de euros, co obxectivo de reforzar a capacidade financeira dos municipios».
O presidente provincial destacou tamén o importante impacto que o Plan Único está a ter en Barbanza e Muros-Noia. Desde a creación do POS+ en 2017 mobilizáronse nas dúas comarcas máis de 111,2 millóns de euros, que permitiron financiar 603 obras nos once concellos, contribuíndo á mellora de infraestruturas, equipamentos e servizos públicos municipais.
Formoso e García estiveron acompañados pola alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, quen destacou que «a cooperación entre administracións é fundamental».
A rexedora puxo en valor o POS «como ferramenta fundamental para executar obras coas que dar servizos á veciñanza; uns servizos básicos que van dende abastecementos e saneamentos a pavimentacións». Ademais, puxo en valor que este plan permita financiar gasto corrente, «un dos maiores problemas que temos os concellos para cadrar o orzamento».
Campo de fútbol de Oleiros
Posteriormente, Formoso, García e Sampedro visitaron as obras de construción dos novos vestiarios do campo de fútbol de Oleiros, nas que a Deputación inviste 151.101 €.
Trátase dunha das 127 obras impulsadas en Ribeira con cargo ao Plan Único. Unhas actuacións que se estenden por todas as parroquias e núcleos do municipio ribeirense, con investimentos destinados á mellora da rede viaria e dos servizos básicos.
«O Plan Único permitiu tamén actuar na renovación de pavimentos e redes de abastecemento e saneamento de auga, na creación ou mellora de beirarrúas, prazas e espazos públicos e no acondicionamento de instalacións deportivas e culturais», destacou Formoso.
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- Vuelve un popular ciclo de conciertos a la azotea de un hotel de Santiago: esta es la programación del NoitiNHas 2026
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Horario y dónde ver gratis el derbi gallego entre Obradoiro y Leyma Coruña que puede decidir el ascenso a la ACB
- La toma de posesión de Rosa Crujeiras como rectora de la USC en imágenes
- Autoconsumo y búsqueda de alimentos sanos impulsan las huertas familiares en Galicia: 'Ahora los jóvenes le dan valor
- Portosín estrenará este verano el primer pantalán para barcos de cerco que se instala en Galicia