Ribeira favorece a conciliación durante as vacacións de primavera ofertando 40 prazas
O programa desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e do 1 ao 6 de abril no conservatorio e no pavillón do CEIP O Grupo

Francisca Vidal e Vicente Mariño. / Cedida
Como xa é habitual, as familias de Ribeira poderán conciliar nos períodos vacacionais, desta vez, coincidindo coa Semana Santa. A Concellería de Servizos Sociais pon en marcha o programa Ribeira Concilia Primavera, que se desenvolverá os días 30 e 31 de marzo e do 1 ao 6 de abril, de luns a venres, agás festivos, en horario 08.00 a 16.00 horas, no conservatorio, se ben se utilizará o pavillón do CEIP O Grupo para actividades deportivas.
A coordinadora de Servizos Sociais, Francisca Vidal, indicou que se ofrecerán actividades que respecten os dereitos da infancia, teñan en conta a perspectiva de xénero e observen valores cívicos, respecto á diversidade e solidariedade, ademais de promover a corresponsabilidade nos coidados e a igualdade entre homes e mulleres.
"Ofértase un total de 40 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos", dixo o edil de Servizos Sociais, Vicente Mariño.
A matrícula é gratuíta e, a maiores, hai a posibilidade do servizo complementario de almorzo e xantar dos cales cómpre consultar as condicións.
Ábrese un prazo de preinscrición do 16 ao 26 de marzo. As solicitudes poderán formalizarse de maneira presencial no departamento de Servizos Sociais Comunitarios ou na Oficina de Atención Cidadá do Concello, con horario de atención ao público de 09.00 a 14.00 horas, presentando a ficha de inscrición cuberta, a folla de autorización, copia do DNI do participante e do pai/nai/titor e
demais documentación esixida.
Tamén hai opción de facer o proceso de maneira telemática na sede electrónica municipal, dentro do apartado Trámites destacados e Solicitude xenérica. Deberase tramitar a solicitude de carácter xeral e acompañala dos documentos anteriormente indicados.
As listaxes de admisión, agarda e vacantes publicaranse no 27 de marzo.
No caso de superar as prazas ofertadas, establécense uns requisitos de prioridade para a participación, que serán os seguintes: persoas empadroadas no concello de Ribeira; familias con nivel de renda per cápita máis baixo ou risco de familias en risco de exclusión social; familias monoparentais; familias con vítimas de violencia de xénero en calquera das súas formas; familias nas que o propio participante acredite unha discapacidade de, polo menos, o 33% (acreditando tal condición co certificado); familias numerosas; familias refuxiadas ou solicitantes de asilo; familias nas que traballen os dous proxenitores; e por rigorosa orde de inscrición segundo o número do Rexistro.
Tamén se reserva o 10% das prazas para emerxencia social.
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- Buena comida y gran ambiente en la primera Festa da Caza de Trazo
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Crónica social compostelana | Comida de confraternidad de la promoción del curso 1966-67 del Colegio La Salle