Os socialistas critican a ubicación elixida para a nova residencia de Ribeira: «Illará os maiores»
Non ven axeitado construíla «fóra do núcleo urbano»
Din que o cambio de localización obriga a reiniciar trámites e retrasará a obra

Imaxe do terreo descartado pola Xunta para a residencia e no que o PSOE cre que se debe facer. / Suso Souto
O PSOE de Ribeira criticou a ubicación elixida polo Goberno municipal e a Xunta para a nova residencia da terceira idade, e advirte que a decisión de construír esa instalación na zona de Cruxeiras, na parte baixa do parque periurbano de San Roque, «non só supón un novo atraso na súa construción, senón tamén un modelo de residencia que afastará as persoas usuarias da vida diaria da vila».
A formación considera que o emprazamento escollido «está fóra do núcleo urbano e non permite ás persoas maiores manter unha relación natural coa comunidade».
“As residencias non poden converterse en espazos apartados da sociedade. As persoas maiores deben poder seguir formando parte da vida do pobo, saír pasear, mercar o pan, tomar un café ou manter contacto cos seus veciños e veciñas”, sinala o portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta.
Neste sentido, o PSdeG defende que o modelo de atención ás persoas maiores debe favorecer a integración social e a proximidade aos servizos e á vida comunitaria. “Non compartimos un modelo que aparta as persoas maiores da vida da vila baixo o pretexto de que estarán nunha contorna natural. Ese non é o modelo que queremos para Ribeira”, engade Suárez-Puerta.
Cómpre lembrar que a Xunta rechazou outro terreo ofrecido anteriormente polo Concello, na zona das Saíñas, por ser potencialmente inundable.
Ademais, sinala que «o cambio de localización obriga a reiniciar trámites e pode atrasar durante anos a chegada dunha infraestrutura que Ribeira leva demasiado tempo esperando»
O PSdeG considera "especialmente grave que esta situación se produza despois de que o Concello deixase de lado o proxecto anterior, no que xa se investiran máis de medio millón de euros de fondos públicos".
“O que non pode facer o PP é actuar como se aquí non pasase nada cando se deixou caer un proxecto no que xa se gastaran máis de medio millón de euros de todos os veciños e veciñas”, advirte o portavoz socialista.
Para os socialistas, "se existise unha vontade real de sacar adiante a residencia, o lóxico sería aproveitar o traballo xa feito e avanzar sobre o proxecto previo para poder iniciar as obras nun prazo máis curto".
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias