Vinte e cinco formacións van ‘pasear’ as súas músicas por 24 bares da Pobra
O Pasabares terá lugar o sábado 21 de marzo e comezará cunha foliada a cargo de cinco grupos

Patricia Lojo, no centro, cos membros da comisión de festas do Carme do Castelo, na presentación do Pasabares. / Cedida
Vinte e catro locais de hostalería e 25 agrupacións musicais participarán o vindeiro sábado 21 no Pasabares, o ciclo musical que organiza o Concello da Pobra. Trátase de formacións locais e doutros puntos da comarca do Barbanza.
A troula comezará ás 18.00 horas cunha foliada na que actuarán As Garridiñas, As Sivalveiras, a Asociación Arrancadeira, a Escola de Baile e Pandeireta As Caramiñas e a Reviravolta Pandereteiras.
O percorrido polos negocios comezará ás 20.00 e, a partir das 23.00, haberá unha actuación no toldo da Covecha dos grupos participantes.
A celebración concluirá cunha nova foliada libre. Por unha banda, as agrupacións musicais que marcarán o ritmo durante a xornada serán: A Dorniña de Abanqueiro, Abelleira E., Airiños do Eume, Andavia, Arghalleiros, Arrancadeira, Caraveiros, Estroupele, Ghaiteiros do Chimpin, Jaitas Blue, Nunca é tarde, Os da boina, Os liantes, Os pequenos do Barbanza, Os sentenarios, Reviravolta, Río de Anxo, Rumbia, Sons do peto, Tripulasión e Xiada.
En canto aos negocios adheridos, son: 4 20, A de Rosa, A Kunka, A Rañala, Alameda, Amanitas, Bar Nuevo, Barquiña, Café Bar Turka, Curotiña Galeón, La Calle, La Embajada, La Tapadera, Liceo, London, Más Batea, Miramar, Mordiscos, O Facho, O Malecón, Os Cuñados, Sisal, Sweet and Roll e Xanxo.
«O Pasabares é un escaparate da nosa música e do noso folclore», dixo a edil de Cultura da Pobra, Patricia Lojo.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año