A deputada Rosa Quintana será a pregoeira da Semana Santa de Noia, que se remonta a 1752
O cartel, ilustrado por María Uxía Gandarela Fabeiro, representa o Desenclavo do Venres Santo

Fran Pérez e José Ortoño, cuarto e quinto pola esquerda, cos demais participantes na presentación da Semana Santa de Noia. / Cedida
A casa parroquial de Noia acolleu este luns a presentación da programación da Semana Santa noiesa. No acto participaron o párroco de Noia, José Ortoño, a gañadora do VIII Concurso de Carteis da Semana Santa, María Uxía Gandarela Fabeiro, e o alcalde, Fran Pérez.
O párroco destacou a importancia dunha celebración que cada ano atrae un gran número de visitantes á localidade e lembrou que a Semana Santa de Noia remóntase ao ano 1752, converténdose nunha das tradicións relixiosas máis antigas da vila.
Se as condicións meteorolóxicas o permiten, ao longo desta edición sairán á rúa oito procesións, nas que participan numerosas confrarías. José Ortoño quixo agradecer de maneira especial o traballo das confrarías e da Banda de Música de Noia pola súa colaboración para manter esta celebración como un referente da cultura relixiosa popular.
Entre os actos destacados deste ano figuran a procesión do Domingo do Ecce Homo, que terá lugar o Domingo de Ramos. O pregón correrá a cargo de Rosa Quintana Carballo, exconselleira do Mar e actualmente deputada no Congreso.
A continuación tomou a palabra María Uxía Gandarela Fabeiro, gañadora do oitavo concurso de carteis da Semana Santa, quen recibiu o premio de mans do párroco local. A autora explicou que o cartel representa o Desenclavo do Venres Santo, centrado na imaxe do Cristo resucitado, unha composición que busca transmitir o carácter solemne e simbólico destas celebracións.
O alcalde, Fran Pérez, destacou que "a Semana Santa noiesa trascende amplamente o carácter relixioso da festividade" e subliñou o seu importante impacto social e económico para a vila, ao atraer cada ano numerosos visitantes.
Neste sentido, reiterou o compromiso e a colaboración do Concello coa organización desta celebración e animou a veciñanza da contorna e os visitantes a participar nunha Semana Santa que, segundo indicou, “pola súa calidade, pola súa importancia e pola súa tradición, atópase xa entre as grandes a nivel galego”.
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- Juan Díaz Villoslada asume este miércoles la gerencia de la Universidade de Santiago