Noia acollerá un mercadiño solidario de Pascua para apoiar a investigación contra o cancro de mama metastásico
Será o 28 de marzo e ao redor dun programa que inclúe música, obradoiros infantís, inchables, chocolatada e sorteos

Pola esquerda, Noemí Fábregas, Loli Fernández, Sandra González e Begoña Herbosa. / Cedida
O Concello de Noia acolleu este luns a resentación do I Mercadiño Solidario de Pascua, unha iniciativa impulsada por Noemí Fábregas dentro do proxecto solidario Sumando para Dame Cinco Más, que se celebrará o vindeiro 28 de marzo diante da casa consistorial coa colaboración do propio Concello.
Durante a presentación, Fábregas explicou que o obxectivo do evento é recadar fondos para a investigación contra o cancro de mama metastásico, destinándose todos os beneficios á iniciativa Dame Cinco Más, que promove proxectos científicos centrados nesta enfermidade.
“Queremos que sexa unha xornada de encontro, de solidariedade e tamén de visibilidade para o cancro de mama metastásico. O importante é que cada persoa que se achegue sinta que está sumando para apoiar a investigación”, sinalou.
A impulsora do evento destacou tamén a gran resposta recibida para facer posible esta iniciativa e agradeceu o apoio recibido por parte do tecido social e empresarial.
“Quero agradecer de corazón a todas as empresas, asociacións, veciños e veciñas que se están implicando nesta iniciativa. A resposta está sendo incrible e sen esa colaboración sería imposible organizar algo así”, afirmou.
O I Mercadiño Solidario de Pascua converterá a praza consistorial nun espazo de encontro aberto á cidadanía durante toda a xornada. O evento contará cun mercadiño solidario con diferentes postos, ademais de numerosas actividades pensadas para todos os públicos.
Ao longo do día haberá inchables e obradoiros infantís en horario de mañá e tarde, unha chocolatada solidaria pola tarde, así como sorteos e unha subasta solidaria ao final da xornada.
A programación incluirá tamén diferentes actuacións musicais e culturais coa participación de Escola de Música Sondela, Sons de Barra, Os Salgueiriños, Chiña e O Bruxo Cabacín, artistas que se suman de maneira solidaria á iniciativa.
Pola súa banda, Loli Fernández López, paciente de cancro de mama metastásico, quixo destacar o valor deste tipo de iniciativas para dar visibilidade á enfermidade e apoiar a investigación.
“Ver unha programación tan completa, con música, actividades para nenos e tanta xente implicada emociona moito. É unha forma de lembrar que detrás da investigación hai persoas que necesitamos que siga avanzando”, sinalou.
Pola súa banda, a concelleira de Servizos Sociais, Sandra González, destacou a importancia de apoiar iniciativas solidarias que nacen da propia cidadanía e que mobilizan á veciñanza arredor dunha causa común.
“Desde o Concello de Noia quixemos apoiar esta proposta desde o primeiro momento, porque é unha iniciativa que une solidariedade, participación e compromiso social. Estamos seguros de que a veciñanza responderá e que será unha xornada moi especial para a vila”, indicou.
Todos os beneficios recadados durante o I Mercadiño Solidario de Pascua irán integramente destinados á iniciativa Dame Cinco Más, que impulsa a investigación contra o cancro de mama metastásico.
Desde o Concello de Noia animan a veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse o próximo 28 de marzo para participar nunha xornada que combinará solidariedade, música, actividades familiares e apoio á investigación científica.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año