A Pobra celebrará o Día Mundial da Poesía cun recital da soprano Esperanza Mara
Terá lugar o 20 de marzo ás 20.00 horas no auditorio da biblioteca e haberá tamén un recital de Andy da Fonte, Sara Dieste, Melina Parada e Jonatan Jorge Guille

Patricia Lojo, esquerda, e a escritora Marta Ojea, promotora, xunto co Concello, dos actos do Día Mundial da Poesía na Pobra. / Cedida
O Concello da Pobra do Caramiñal celebrará este venres, 20 de marzo, ás 20.00 horas, o Día Mundial da Poesía, unha iniciativa que chega tras o éxito das dúas edicións anteriores e co que se busca seguir achegando este xénero literario á veciñanza.
O evento terá lugar no auditorio da biblioteca e contará coa participación especial da soprano Esperanza Mara, que ofrecerá unha actuación cunha voz e unha posta en escena únicas.
O recital poético estará protagonizado polas voces de Andy da Fonte (A Pobra do Caramiñal), Sara Dieste (A Pobra do Caramiñal), Melina Parada (Ribeira) e Jonatan Jorge Guille (Lugo), que compartirán diferentes textos e creacións.
A concelleira de Cultura, Patricia Lojo, explicou que esta actividade “xurdiu dunha idea que fomos traballando pouco a pouco” e que ten como obxectivo “poñer en valor e potenciar o talento local, contando con persoas da contorna para protagonizar o recital”.
Segundo indicou a edil, esta celebración serve para “dar a benvida á primavera”, xa que cada ano o municipio abre simbolicamente a estación coa conmemoración deste día, que se celebra oficialmente o 21 de marzo.
Ademais, o acto incluirá ao remate micro aberto, no que as persoas asistentes poderán participar lendo poemas.
Lojo convidou á veciñanza a achegarse ao auditorio da biblioteca para participar nesta cita cultural, destacando que “a poesía sempre está acompañada de momentos especiais”.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Una discoteca gallega se cuela entre las mejores del mundo: 'El local insignia de Galicia
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- El paseo de pasarelas junto al mar más bonito de Galicia está a una hora de Santiago: 'Solo escuchas las olas
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- Falece na entrada de Santiago un peregrino por un paro cardíaco