Docentes de Madrid e Rianxo intercambian experiencias en boas prácticas
Visitan o CRA para coñecer a dinámica organizativa nas aulas multigrao, a atención á diversidade ou a radio da biblioteca escolar

Jesús Álvarez, esquerda, cos docentes que participan nun encontro en Rianxo. / Cedida
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, recibiu este martes un grupo de cinco docentes da Comunidade Madrid que están a coñecer o sistema educativo galego nunha visita ao CRA de Rianxo.
Desenvólvese no marco do programa Observa_Acción, de intercambio de boas prácticas entre profesorado en prol da creación dunha rede de aprendizaxe profesional.
Durante a súa estadía de dúas xornadas, os profesionais madrileños visitan as diversas escolas que compoñen o colexio para coñecer a dinámica organizativa nas aulas multigrao –que agrupan alumnos de diferentes cursos–, a atención á diversidade ou o traballo que se realiza no centro rianxeiro con ferramentas como, por exemplo, a radio na biblioteca escolar.
Ademais, achéganse ao Polo Creativo do centro e o labor que se desenvolve con material tecnolóxico e manipulativo para favorecer as competencias científico-matemáticas, entre outras. Á súa vez, os profesores galegos xa visitaron o Colexio Rural Agrupado Los Olivos, en Madrid, os días 5 e 6 de marzo.
Observa_Acción desenvólvese en dúas fases: unha primeira no propio centro e con outros centros galegos e, no segundo ano de participación no programa, con centros educativos doutras comunidades e de países socios a nivel internacional.
A iniciativa forma parte de Galemundo, o programa de internacionalización do ensino da Xunta de Galicia que permite que máis de 8.300 alumnos e docentes realicen estadías en diferentes países este curso co apoio de distintas convocatorias de bolsas.
- Nuevo cierre en el comercio de Santiago: entra en concurso de acreedores y se despide tras más de 20 años en el Ensanche
- El 'Mercado da arte' aterriza en Área Central: más de 80 artistas, música en directo y piezas únicas este fin de semana
- Galicia abre la puerta de la vivienda pública a miles de gallegos más con prioridad para las familias jóvenes con hijos
- Las tres grandes orquestas de Galicia, juntas en un pueblo de menos de 200 vecinos cerca de Santiago
- Así es la casa de Santiago que opta a los Premios Arquitectura 2026: 'No busca ocultar ni sustituir lo existente
- Un camión queda atrapado debajo de Área Central por no respetar la altura máxima del paso subterráneo
- La previsión del ministro de Transportes sobre la apertura total de la autovía A-54 entre Santiago y Lugo: 'Próximamente
- Alcaldes y patronal de Arzúa y Melide claman por un fin de obras en la A-54 que no ven próximo