Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Maderas Ornanda leva 35 anos fabricando en Porto do Son caixas e embalaxes con madeira de piñeiro galego

O director da Axencia Galega da Industria Forestal visitou as instalacións, onde destacou o potencial do sector

Alfredo Fernández, dereita, na súa visita a Maderas Ornanda.

Alfredo Fernández, dereita, na súa visita a Maderas Ornanda. / Cedida

Porto do Son

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou o potencial galego na transformación de madeira de piñeiro, especialmente, en sectores como o da embalaxe.

Fernández Ríos visitou en Porto do Son as instalacións de Maderas Ornanda, empresa beneficiaria das axudas Xera-Valor con máis de 35 anos de experiencia na fabricación de caixas e embalaxes con madeira de piñeiro galego.

As posibilidades de adaptación que ofrece debido ás súas características, sinalou, convérteno nun material idóneo para o seu emprego neste ámbito.

Por outra banda, lembrou que o vindeiro venres 20 de marzo pecha o prazo para solicitar as axudas da Xera para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais. A liña, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), conta nesta convocatoria cunha dotación orzamentaria de 11 millóns de euros.

Tracking Pixel Contents