O PSOE de Ribeira propón instalar unha pasarela na praia do Prado para mellorar a conexión peonil en Corrubedo
Uniría as rúas Prado, Atalaia, Bandariarrego e Torreiro e a Travesa do Torreiro

Zona na que o PSOE propón instalar unha pasarela. / Cedida
O PSOE de Ribeira defenderá no próximo pleno unha proposición para aprobar a construción dunha pasarela na praia do Prado, en Corrubedo, coa finalidade de conectar de maneira máis directa as rúas Prado, Atalaia, Bandariarrego e Torreiro e a Travesa do Torreiro.
Para os socialistas, trátase dunha actuación necesaria para mellorar a mobilidade peonil nun ámbito que na actualidade presenta limitacións evidentes e que obriga moitos veciños e veciñas a realizar rodeos innecesarios.
A formación subliña que esta proposta "non responde a un criterio estetico, senón á vontade de resolver unha carencia real do espazo público e avanzar nunha conexión máis cómoda, segura e accesible entre distintos puntos de Corrubedo".
“Estamos falando dunha actuación útil, pensada para o día a día da veciñanza, que permitiría mellorar de forma clara a comunicación dentro da parroquia”, sinalou o portavoz socialista, Francisco Suárez-Puerta.
Os socialistas destacan ademais que a pasarela tería unha importancia especial desde o punto de vista da accesibilidade universal, "xa que o paso por esta zona non ofrece hoxe unha alternativa axeitada para persoas maiores, con mobilidade reducida, diversidade funcional ou familias con carriños infantís".
Para o PSOE ribeirense "esta é unha actuación útil, necesaria e de impacto directo na vida diaria da veciñanza", polo que defenderá a súa aprobación no pleno.
- Demasiado mayor para ascender, pero no para trabajar: una gallega denuncia ante la ONU un caso de edadismo en la función pública
- Sociólogos alertan: «El casco viejo de Santiago corre el riesgo de convertirse en un parque temático»
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- No ganó, pero esta casa de Santiago se ha colado entre las nominadas a mejor obra del año
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- La joven de Santiago que inmortaliza recuerdos en resina: 'Hay encargos que empiezas con lágrimas
- Crujeiras refuerza la USC con tres delegaciones clave: Internacionalización, Salud y Estrategia Digital
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias