A Pobra convida a descubrir a beleza e as curiosidades das camelias
A alameda acolle unha mostra itinerante con fotos e paneis informativos

Pola esquerda, Antonio Luis Montes, Estefanía Ramos e Carmen Salinero. / Cedida
A alameda da Pobra acolle dende este martes a exposición A camelia no provincia da Coruña, unha mostra itinerante organizada pola Asociación Española da Camelia co financiamento da Deputación da Coruña.
Na inauguración participaron a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, e a presidenta e o vicepresidente da asociación, Carmen Salinero e Antonio Luis Montes.
A exposición itinerante está formada por tótems informativos nos que se detallan curiosidades e se plasman imaxes de camelias. Nunha das caras inclúense fotografías de gran formato de personaxes galegos destacados de distintos ámbitos (como a cultura, o deporte, o cinema, a música ou o xornalismo) portando a flor da camelia en distintas posicións.
Os paneis ofrecen tamén información sobre a Ruta da Camelia de Galicia, con datos e fotografías dos xardíns da provincia que forman parte deste itinerario.
Por último, tamén conteñen contidos divulgativos baixo o formato Sabías que…?, nos que se presentan curiosidades e datos de interese sobre o mundo da camelia.
A exposición concíbese como un espazo ao aire libre que pode percorrerse de maneira amena e visualmente atractiva. Como parte da ambientación, acompañan aos paneis distintas variedades de plantas naturais de camelia en macetas de gran formato.
Esta proposta reforza a cuarta edición da Mostra da Camelia, que poderá visitarse os días 21 e 22 de marzo na sala de exposicións da Casa Mariñeira.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas