Ribeira organiza unha andaina con cans e cabalos a favor das protectoras de animais
Será a favor de Save an Angel e Callejeros Barbanza, o domingo 29, con saída do cruceiro de Teira e cun percorrido circular de 10 Km

Participantes na presentación da andaina. / Cedida
O Club Natural Sport de Ribeira organiza unha andaina a favor de Save an Angel e Callejeros Barbanza con motivo do seu 30 aniversario, coa colaboración do Concello e de varias entidades.
Esta cita convida a camiñar no domingo, 29 de marzo, a partir das 10.00 horas, con saída dende o cruceiro de Teira, para facer un percorrido circular por Corrubedo de 10 quilómetros. Tamén se
facilitarán dous puntos para acurtar o traxecto (nos quilómetros 3 e 4) para quen non poida completar a totalidade do mesmo.
Ademais, haberá ruta canina, ás 09.45 horas, e cabalar, programada para as 09.30 horas. As persoas participantes nestas dúas modalidades deberán ter asegurados os seus respectivos animais.
O itinerario pasará a carón do Monte Facho para continuar ata Espiñeirido, seguir polo litoral de Corrubedo (faro, porto e praia da Ladeira) e regresar ao lugar de partida. Unha vez conclúa, poderanse
degustar uns pinchos e haberá sesión vermú amenizada por Dúo Keima.
"Chega a primavera e o bo tempo anima a facer actividades no exterior, polo que teremos unha andaina solidaria nas inmediacións de Corrubedo que posibilitará, ademais de colaborar con dúas
protectoras de animais, gozar de paraxes naturais de valor medioambiental e paisaxístico", sinala o edil de Medio Ambiente, Víctor Reiriz.
Pola súa banda, o edil de Benestar Animal, Eladio Muñiz, explica que "teremos ocasión de facer este percorrido segundo tres modalidades: a andaina, a ruta canina e a ruta cabalar. Así, os animais non só serán os beneficiados por esta cita solidaria ao recadarse fondos para Save an Angel e Callejeros Barbanza, senón que tamén tomarán parte activa da mesma. Convidamos a que os veciños e
veciñas tomen parte tamén cos seus cans e cabalos".
"Quero agradecer tamén o loable cometido destas protectoras e reafirmar a firmeza do Concello de seguir traballando e avanzando en materia de benestar animal", engadiu.
Pola súa parte, Juan Luis Martínez, do Club Natural Sport, tivo palabras de agradecemento para as distintas partes implicadas nesta iniciativa na que, polo de agora, hai uns 60 participantes, se ben as inscricións permanecen abertas a través da páxina web www.galitiming.com por un importe de 5 euros.
Á presentación tamén asistiron Juan Blanco, presidente fundador de Callejeros Barbanza; Jaudin Arboleda e José Javier Lojo, do Club Atletas Caninos; Moncho Sampedro, directivo da Asociación de
Veciños de Carreira; e Manolo Castiñeiras, do Club Sachacamiños.
- Renfe suspende nueve trenes en Santiago este lunes por falta de maquinistas
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El retraso del cuartel de As Cancelas se agrava cuatro meses después del primer incumplimiento
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un centenar de personas recorren la ruta que seguirán los tráileres para evitar el transporte y procesado de inertes en Teo
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- Los vuelos 'vip' que traen material oncológico de Barcelona a Santiago y vuelven con pasajeros por 200 euros
- Las entradas de O Son do Camiño no vuelan tan rápido como hace un año