Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DÍA DO PAI

A ABE de Boiro premia a fidelidade ao comercio local con xamóns da praza de abastos

Rosa María Vázquez, María Elena Suárez e Félix Pimentel son os afortunados

A asociación empresarial promove o consumo de proximidade.

A asociación empresarial promove o consumo de proximidade. / Cedida

Boiro

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou o sorteo dos premios da súa campaña especial do Día do Pai, unha iniciativa orientada a dinamizar as compras no comercio local nunha das datas máis sinaladas do calendario comercial.

A campaña desenvolveuse entre o 6 e o 18 de marzo e permitiu ás persoas consumidoras participar no sorteo de tres xamóns, un produto de alta calidade co selo Produtos da Praza de Abastos de Boiro, reforzando así o apoio tanto ao produto fresco como ao comercio de proximidade.

Maior participación

Para participar, as persoas clientes tiveron que rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra de calquera empresa asociada a través da aplicación habilitada na páxina web da ABE (www.abe.gal). En total rexistráronse 1.936 tíckets de compra, fronte aos 1.454 rexistrados no mesmo período do mes de febreiro, o que supón un incremento do 33,15%.

As persoas gañadoras dos tres xamóns son: Rosa María Vázquez (Clínica Dental Pérez García), María Elena Suárez (Quality Impresión) e Félix Pimentel (Restaurante Moanin). Os premios poderán recollerse desde hoxe mesmo, 18 de marzo.

Apoio ao comercio e ao produto local

Desde a ABE subliñan que esta campaña dá continuidade á súa estratexia de promoción do consumo de proximidade, poñendo en valor nesta ocasión os produtos da Praza de Abastos de Boiro como sinónimo de frescura, confianza e calidade.

Animan á veciñanza "a aproveitar estas datas para ter un detalle especial e realizar as súas compras no comercio local, contribuíndo así ao fortalecemento do tecido económico da vila".

Tracking Pixel Contents