Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SAÚDE

AGPAS abrirá unha sede en Noia para ofrecer apoio e prevención ante o suicidio

Como primeira iniciativa organizará unha viaxe cultural a Madrid o día 30 de marzo

O goberno local facilitará un local municipal á asociación.

O goberno local facilitará un local municipal á asociación. / Cedida

Noia

A Asociación Galega de Prevención e Apoio ante o Suicidio (AGPAS) abrirá unha nova sede de atención en Noia co obxectivo de achegar servizos de prevención, acompañamento e orientación ás persoas que o precisen na comarca do Barbanza.

A entidade conta coa colaboración institucional do Concello de Noia, que está traballando para facilitar nunha primeira fase instalacións municipais para desenvolver as actividades de atención e apoio á cidadanía.

Agradecen o apoio "do goberno local e do alcalde, Francisco Pérez, quen desde a primeira reunión mostrou unha preocupación real e unha clara vontade de actuar tras coñecer os datos e informes de organismos como a Organización Mundial da Saúde (OMS), o Instituto Nacional de Estatística (INE), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), UNICEF e estudos propios da asociación".

Galicia ten unha das taxas máis elevadas

Desde a AGAPS aseguran que Galicia continúa a rexistrar historicamente "unha das taxas de suicidio máis elevadas do Estado, situándose ademais entre as máis altas do conxunto europeo".

Subliña que a realidade do suicidio e das condutas autolesivas non responde a un único factor, senón a unha combinación de circunstancias sociais e persoais que afectan ao conxunto da sociedade, incluíndo factores como a soidade, dificultades socioeconómicas, problemas de saúde mental, acoso escolar ou o consumo cada vez máis temperán de diferentes substancias e condutas adictivas.

Prevención e acompañamento

A entidade aposta por unha abordaxe comunitaria baseada na prevención, o acompañamento e a creación de espazos de encontro social mediante actividades interxeracionais, culturais e de sensibilización.

A asociación conta ademais cun teléfono de atención 24 horas, que este ano cumpre catro anos de funcionamento, e que se suma ás sedes físicas que a entidade foi abrindo no territorio galego, ofrecendo tamén atención profesional individual ás persoas que o precisan.

Programa televisivo e musical

Como primeira iniciativa nesta nova etapa na comarca, AGPAS organizará unha viaxe cultural a Madrid o 30 de marzo para asistir como público á gravación do programa El Precio Justo e posteriormente ao musical El Rey León. A actividade terá un prezo simbólico de 99 euros con todo incluído, grazas á colaboración de empresas e entidades colaboradoras.

Tracking Pixel Contents