Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

A residencia de maiores de Ribeira aumentará un 20% a capacidade prevista para acadar as 120 prazas

A parcela elixida, no lugar de Cruxeiras, conta con zonas verdes e vistas ao mar

A conselleira de Política Social, esquerda, e a alcaldesa, no emprazamento elixido.

A conselleira de Política Social, esquerda, e a alcaldesa, no emprazamento elixido. / Cedida

Ribeira

A nova residencia pública para persoas maiores de Ribeira disporá dun total de 120 prazas, un 20% máis das previstas no proxecto inicial.

A Xunta de Galicia traballa xa na redacción das bases técnicas para poder licitar canto antes a redacción do proxecto para a construción deste equipamento, que dará servizo ás familias de Ribeira e dos concellos veciños do Barbanza.

Convenio de cesión dos terreos

Pola súa parte, o Concello ribeirense está xa a elaborar o convenio de cesión á Xunta dos terreos nos que se levantará o futuro centro residencial: unha parcela de propiedade municipal situada no lugar de Cruxeiras, que cumpre con todos os requisitos para levar a cabo esta actuación comprometida polo Goberno galego.

A parcela seleccionada conta con zonas verdes e está próxima ao parque de San Roque, un dos pulmóns verdes de Ribeira. Trátase dunha zona ben comunicada, próxima ao núcleo urbano e con vistas ao mar.

Tracking Pixel Contents