A Xunta inicia tarefas de limpeza en dous quilómetros de cauces fluviais de Ribeira
Actuará nos ríos Artes, Listres e Chemiso e en dous regos

Dous operarios realizando tarefas de limpeza nun río. / Cedida
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento fluvial en preto de dous quilómetros en varios ríos no concello de Ribeira.
As tarefas, que xa foron comunicadas ao Concello, desenvolveranse nun tramo de algo máis de medio quilómetro no río Artes, ao seu paso pola parroquia de San Martiño de Oleiros; en 300 metros do río Listres á altura de San Paio de Carreira; e en preto de 350 metros do río Chemiso, en San Pedro de Palmeira.
No caso desta última parroquia, tamén se actuará en algo máis de 400 metros do rego das Saíñas. A maiores tamén se realizarán tarefas en máis de 360 metros dun rego sen nome na parroquia de Santa Uxía de Ribeira.
Os traballos, que se prolongarán durante tres semanas, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos, rozas puntuais e selectivas nos accesos á canle, e eliminación de especies exóticas invasoras. As actuacións realizaranse coa aplicación de motoserras, rozadoiras e outras ferramentas manuais, que contarán co apoio de maquinaria de maiores dimensións como unha carretilla.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso trátase ademais do mantemento de zonas catalogadas como de alto risco potencial significativo de inundación.
O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas