EXPOSICIÓN
A Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal acolle á cuarta Mostra da Camelia
Compleméntase cunha mostra fotográfica dos alumnos do colexio Pilar Maestú Sierra

Acto inaugural da Mostra da Camelia da Pobra do Caramiñal. / Cedida
A sala de exposicións da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal acolle esta fin de semana a cuarta edición da Mostra da Camelia, que pode visitarse de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas.

Asistentes ao acto inaugural da Mostra da Camelia, na Pobra. / Cedida
A iniciativa xurdiu da man da concellería de Turismo, Estefanía Ramos, José Ramón Teixeira e Marisol Cameán, dous afeccionados ao cultivo da camelia que promoveron a organización e fomentaron a participación da veciñanza.

Exposición de camelias na Pobra do Caramiñal. / Cedida
Co obxectivo de mostrar a beleza e a riqueza das diversas especies na contorna, na exposición participan algo máis de 15 colaboradoras que achegan as súas flores, procedentes da Pobra e de concellos veciños como Boiro ou Rianxo.
Ademais, trinta nenos e nenas do colexio Pilar Maestú Sierra forman parte da mesma cunha mostra de fotografías da camelia.
Así mesmo, durante o evento haberá un posto de venda de doces elaborados con aceite de camelia.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas