ACTO 8M
A científica María Mayán reivindica en Porto do Son o papel das mulleres na ciencia
Subliñou a importancia dos cribados para a detección precoz do cancro

María José Torres, esquerda, Luis Oujo e María Mayán no encontro en Porto do Son. / Cedida
Porto do Son acolleu unha emotiva e inspiradora charla-coloquio protagonizada pola prestixiosa científica María Mayán. O acto enmarcouse na programación especial de actividades organizadas con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
O encontro, que foi conducido polo alcalde, Luis Oujo, contou tamén coa participación de María José Torres Calo, presidenta da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Porto do Son, quen acompañou á investigadora nesta xornada de divulgación e concienciación.
Importancia dos cribados
Durante a súa intervención, María Mayán incidiu de xeito especial na vital importancia dos cribados para a detección precoz do cancro, así como nos últimos e esperanzadores avances científicos enfocados á busca dunha cura. A investigadora quixo achegar a ciencia á veciñanza, compartindo a súa propia traxectoria e explicando os motivos que a impulsaron a elixir a carreira científica.
Coller forzas en Queiruga
No terreo máis persoal, Mayán conectou cos asistentes ao destacar o seu forte arraigo á terra, confesando que sempre que pode volve á súa parroquia de Queiruga para "coller forzas".
A científica pechou a intervención cun sentido repaso polas principais mulleres científicas da historia, reivindicando as súas figuras como unha verdadeira fonte de inspiración para as novas xeracións.
Como colofón a este acto de recoñecemento á figura de Mayán como Refer8mte sonense, o alcalde fíxolle entrega da insignia do Concello, "en sinal de orgullo, respecto e agradecemento por levar o nome de Porto do Son na vangarda da investigación científica".
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas