Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CAMPAÑA

«EuConZernadas»: un clamor político e veciñal en Lousame

O escritor Xosé M. Rivas Troitiño doou sete tomos das obras orixinais do cura de Fruime

Pardo de Neyra : «Foi unha figura de excepción»

Representantes políticos e do eido da cultura, veciñas e veciñas no acto en Lousame.

Representantes políticos e do eido da cultura, veciñas e veciñas no acto en Lousame. / Cedida

Lousame

«#EuConZernadas». Esta foi a frase máis repetida na Casa da Cultura Santeiros de Chave de Lousame durante a presentación da campaña Zernadas de Castro’27, coa que o Concello lousamiá busca promover ante a Real Academia Galega a candidatura do cura de Fruime como homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2027, que coincide co 250 aniversario da súa morte.

O alcalde, esquerda, agasallou aos conviados cuns debuxos, obra de Alfonso Costa.

O alcalde, esquerda, agasallou aos conviados cuns debuxos, obra de Alfonso Costa. / Cedida

O alcalde, Esteban Ares, destacou que Zernadas de Castro «non é pasado, é a orixe. Nos séculos escuros el defendía a Galicia, o galego e a nosa identidade. Era unha actitude heroica, porque pensaba en Galicia cando Galicia aínda estaba por pensar. E iso non o podemos esquecer».

Por iso, asegurou que «o que propoñemos, con toda a serenidade institucional e convicción, é que é hora de que a Real Academia Galega xire a súa vista cara este ilustre persoeiro, o precursor do galeguismo. E o facemos cunha gran honra e unión política, veciñal e de traballo».

Xulio Pardo, esquerda, e José Manuel Rivas Troitiño no acto en Lousame.

Xulio Pardo, esquerda, e José Manuel Rivas Troitiño no acto en Lousame. / Cedida

O xornalista e escritor Xosé Manuel Rivas Troitiño fixo doazón dos «sete tomos orixinais das obras completas de Diego Antonio Zernadas de Castro aos veciños e veciñas de Fruíme, para que poidan ler, desfrutar e agradecer a quen tanto loitou con palabras para defender a Galicia e aos galegos en tempos duros e escuros».

Pola súa banda, Xulio Pardo de Neyra explicou que «o cura de Fruime foi unha figura de excepción», xa que «incorporou as letras galegas ao roteiro da lírica do barroco europeo». Ademais, puxo en valor o seu papel como precursor do xornalismo en Galicia. n

Tracking Pixel Contents