Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CELEBRACIÓN

Máis de 250 veciños de Lousame na sexta Xuntanza de Maiores

O alcalde, Esteban Ares, subliñou que "estes encontros fan unión e fan pobo"

Lousame xuntou preto de 250 veciñas e veciños na sexta xuntanza de maiores.

Lousame xuntou preto de 250 veciñas e veciños na sexta xuntanza de maiores. / Cedida

Lousame

Preto de 250 veciños e veciñas, maiores de sesenta anos, déronse cita na VI Xuntanza de Maiores do Concello de Lousame, que tivo lugar este domingo no restaurante O Trapeiro. O dúo Aires de Broña puxo a nota musical antes de iniciarse o xantar e protagonizou o baile posterior.

O alcalde, terceiro esquerda, e o xerente do Consorcio, cuarto, en Lousame.

O alcalde, terceiro esquerda, e o xerente do Consorcio, cuarto, en Lousame. / Cedida

O encontro estivo presidido polo alcalde, Esteban Ares García; e polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez. Un acto no que estiveron acompañados polos concelleiros de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; Obras, Ramón Martínez; Deportes, Mariel Agrafojo; e Seguridade Viaria, José Antonio Ces; así como polos voceiros dos grupos municipais do PSOE, Juan José Prego, e do BNG, Anxo Moledo.

Un momento da xuntanza celebrada en Lousame.

Un momento da xuntanza celebrada en Lousame. / Cedida

Esteban Ares destacou que "para min é a primeira vez que presido esta xuntanza e é unha alegría ver tanta xente aquí. Penso que é un acto moi bonito e que hai que manter ano tras ano porque estas xuntanzas fan unión e fan pobo".

Así mesmo, tivo palabras de agradecemento e solicitou un gran aplauso dos presentes para os técnicos municipais e as voluntarias europeas que se encargaron da loxística do evento.

Máis e mellores servizos

Pola súa banda, Perfecto Rodríguez ofreceu ao Concello a colaboración da Xunta de Galicia "para seguir traballando para que as persoas maiores teñan máis e mellores servizos".

Felicitou ademais ao Concello de Lousame "por seguir organizando un ano máis unha xuntanza de maiores, un dos eventos máis importantes porque é un recoñecemento a toda unha vida de traballo e, grazas a ese traballo, hoxe temos os servizos que temos. Que o Concello dedique cando menos un día ao ano para recoñecer o seu labor creo que é de xustiza".

Tracking Pixel Contents