Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

EDUCACIÓN

A ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira reitera as demandas de recursos humanos e melloras estruturais

Solicita unha reunión co novo director territorial Santiago Freire

Unha das protestas no CEIP O Grupo, de Ribeira, no mes de setembro.

Unha das protestas no CEIP O Grupo, de Ribeira, no mes de setembro. / Cedida

Ribeira

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira remitiu un escrito ao novo director territorial de Educación, Santiago Freire, para solicitarlle que "teñan en conta as nosas peticións en materia de recursos humanos para o curso vindeiro e en materia de obras de mellora e equipamentos para o colexio a curto prazo".

Pídenlle ademais unha resposta "por escrito" e que lles concenda unha reunión para abordar "moitas cuestións" das que non obtiveron resposta dende o o mes de setembro.

Persoal especialista

Entre as demandas, da asociación de nais e pais, está o reforzo do persoal especialista para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), "porque non é suficiente para o alumnado que temos (un cento de alumnos diagnosticados)", así como a falta dun mestre de apoio para o desdobre "ao que tiñamos dereito nos sextos de Primaria".

Sinalan ademais que o CEIP O Grupo "é o principal colexio público de Ribeira e atópase totalmente masificado, nunhas instalacións obsoletas, que datan de 1949 e non tiveron ningún tipo de reforma integral en décadas, algo que debería solucionarse á maior brevidade".

Melloras estruturais

Respecto das melloras estruturais, a ANPA demanda "con urxencia" a obra da cuberta do edificio de Infantil, o envolvente térmico do edificio principal, e a reforma do edificio da vella comisaría da Policía Nacional, "agora cedido á Xunta, para poder dotar de novas aulas ao colexio".

Tamén considera necesario reformar a pista polideportiva, o patio exterior e o pavillón deportivo.

Tracking Pixel Contents