Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CELEBRACIÓN

Ribeira vivirá unha Semana Santa pensando nos pobres e nos pobos feridos

O Venres Santo haberá un Via Crucis dende Moldes ata a Curota

A alcaldesa, segunda pola dereita, presidiu o acto de presentación da programación.

A alcaldesa, segunda pola dereita, presidiu o acto de presentación da programación. / Cedida

Ribeira

Ribeira prepárase para vivir unha Semana Santa con numerosos actos litúrxicos promovidos pola Unidade Pastoral (UPA) coa colaboración do Concello e das asociacións Amas de Casa e Alfaia.

Cartel promocional da Semana Santa 2026 de Ribeira.

Cartel promocional da Semana Santa 2026 de Ribeira. / Cedida

Baixo o lema Cristo camiña entre os pobres e os pobos feridos, a cartelería promocional alude "á situación que estamos atravesando a nivel mundial, mesturando dúas imaxes coas palabras", subliñou o párroco, Alfonso Mera, na presentación. Nas fotografías contémplanse, por unha banda, un barrio esnaquizado pola guerra e, noutra, uns pés camiñando en procesión.

Programa de actos

As celebracións comezarán o Domingo de Ramos con oficios ás 10.00 horas en Santa Clara e San Paio; ás 11.00 na Guía, Castiñeiras, Artes e Oleiros; ás 12.30 en Aguiño, Corrubedo e Olveira; e ás 12.00 horas, en Ribeira.

O Xoves Santo haberá misas para as 17.00 horas en San Paio, Castiñeiras, Olveira e Oleiros; ás 18.30 en Aguiño, Corrubedo e Artes; e xa en Ribeira, ás 19.30 horas, conmemórase a celebración da Última Cea e Lavatorio de pés, seguida da procesión do Paso, ás 21.00 horas, e da Hora Santa, ás 22.30 horas.

O párroco e a alcaldesa, no centro, na presentación da programación.

O párroco e a alcaldesa, no centro, na presentación da programación. / Cedida

Durante a mañá do Venres Santo haberá Vía Crucis, ás 10.00 horas, dende a Santa de Moldes ata A Curota, ademais de Sermón do Encontro na praza da Igrexa de Ribeira, ás 12.30. Pola tarde, celebración da Paixón do Señor ás 17.00 horas en San Paio, Castiñeiras, Olveira e Oleiros; ás 18.30, en Aguiño, Corrubedo e Artes e ás 19.30 en Ribeira.

Sermón das 7 Palabras

Ás 20.30 horas comezará o Sermón das 7 Palabras e do Desencravo, e ás 21.30 horas partirá a procesión do Santo Enterro. No Sábado Santo haberá Vixilia Pascual, ás 22.00 horas, na igrexa de Santa Uxía, e o Domingo de Resurrección, misas ás 10.00 horas no hospital; ás 11.00 en Oleiros, Artes, Castiñeiras, San Paio e Santa Clara; e, ás 12.30 horas, en Aguiño, Corrubedo, Olveira, A Guía e Ribeira.

No acto de presentación, ademais do párroco, Alfonso Mera, participaron a alcaldesa, María Sampedro; a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; a presidenta da Asociación Amas de Casa, Puri Cores; a directiva de Alfaia, Carmen Pena; e a catequista, Aislene Marqués.

A rexedora destacou o traballo da UPA para sacar adiante todos os actos relixiosos e tamén gabou o labor das entidades antes referidas. "Son uns actos que fan parroquia, que fan pobo", afirmou a mandataria local.

Tracking Pixel Contents