INCLUSIÓN
Ambar forma futuros profesionais da restauración en Porto do Son
O obxectivo é mellorar a empregabilidade de persoas con discapacidade

O curso impártese nas instalacións do Viveiro de Empresas de Porto do Son. / Cedida
O Viveiro de Empresas do Concello de Porto do Son, acolle un ciclo formativo impulsado pola Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional para formar futuros auxiliares de camareiro, axudantes de bar e auxiliares de colectividades e empregados de establecementos de restauración.
O alumnado e docentes recibiron a benvida e folgos por parte da tenente de alcalde de Porto do Son, María José Maroñas. Asistiron tamén Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral, e Jessica Estévez, técnica de emprego da asociación.
Esta formación está cofinanciada pola Fundación ONCE e polo Fondo Social Europeo (FSE) a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade Uno a Uno no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social (PIN) - Ano 2025-2026
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana