PROGRAMACIÓN
Noia complementa a Semana Santa con propostas de ocio, cultura e natureza
O Concello busca consolidarse como un destino turístico con opcións para todos os públicos

O goberno local pon este ano o foco na promoción turística de Noia. / Cedida
O Concello de Noia presenta por primeira vez unha programación de Semana Santa cun enfoque claro na promoción turística, apostando por unha oferta variada que combina lecer, cultura, natureza e tradición.
O alcalde, Francisco Pérez, puxo en valor o traballo realizado e destacou o potencial do destino. "Queremos que Noia se consolide como un destino con múltiples opcións para todos os públicos, onde se poida gozar do noso entorno marítimo, da natureza e dun patrimonio cultural e histórico de primeiro nivel. Esta programación vai nesa liña."
Andainas e visitas guiadas
A programación inclúe actividades como andainas pola Fervenza de Argalo e o Rego das Cunchas, visitas guiadas polo casco histórico, a experiencia Noia Plató Natural ou as saídas no balandro Joaquín Vieta, ademais da apertura da oficina de turismo no Casino.

Cartel promocional de andainas por Noia na Semana Santa. / Cedida
No ámbito cultural e familiar, complétase con espectáculos como La última frecuencia no Coliseo Noela e propostas de animación infantil, ampliando as alternativas de ocio durante estes días.
Xunto a isto, a Semana Santa de Noia mantén o seu marcado carácter tradicional, cunha ampla programación de actos relixiosos e procesións, que constitúen un importante reclamo de turismo relixioso, permitindo vivir unha experiencia auténtica ligada á identidade da vila.

Cartel dos actos relixiosos da Semana Santa en Noia. / Cedida
O tenente de alcalde, Manolo Seijas, incidiu no impacto económico e na importancia dunha oferta completa. "Este tipo de programacións son clave para o impacto económico local. É importante ofrecer actividades variadas, desde cultura ata natureza ou lecer, para que quen nos visite teña unha experiencia completa e queira volver".
Ampliación de horarios no Museo do Mar
Ademais, o Museo do Mar Carmen Barcia ampliará os seus horarios durante esta semana, facilitando o acceso a este espazo clave para coñecer a relación de Noia co mar.
Desde o Concello destacan que esta iniciativa reforza a súa estratexia de dinamización turística, consolidando Noia como un destino atractivo tamén fóra da tempada estival.
- Encuentran el cadáver de un hombre amarrado a una escalinata del puerto de Ribeira
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Lavacolla, en caída libre: el aeropuerto pierde cerca de un tercio de su tráfico y 2.000 viajeros diarios
- El vacuno de carne alcanza precios históricos en Galicia: un ternero que valía 830 euros tras la pandemia se paga hoy a 1.850
- La casa de la Ribeira Sacra donde rodó Mario Casas se puede alquilar desde 280 euros
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- La grabación y difusión de clases estará prohibida por ley para toda la comunidad educativa en Galicia
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana