CELEBRACIÓNS
Tradición, fe e atractivo turístico conviven na Semana Santa de Muros
A concellería de Cultura e Turismo organiza dúas visitas guiadas

A concelleira de Cultura, no centro, presidiu a presentación da Semana Santa. / Cedida
A concellaría de Cultura e Turismo de Muros e a Asociación Semana Santa Muradana presentaron a programación da Semana Santa Muradana 2026, unha das citas máis destacadas do calendario cultural e relixioso do municipio, que combina tradición, participación veciñal e atractivo turístico.

Cartel promocional dos actos litúrxicos da Semana Santa de Muros 2026. / Cedida
No acto participaron a concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González, xunto con José Luis Martínez e Manuel Lago, membros da Asociación Semana Santa Muradana, entidade encargada da organización dos actos.
A programación desenvolverase entre o 27 de marzo e o 5 de abril, incluíndo celebracións litúrxicas e procesións que percorren as rúas e prazas da vila, convertendo Muros nun escenario de gran valor patrimonial e simbólico durante estas datas.
Entre os actos máis destacados figuran a procesión do Domingo de Ramos, a celebración do Xoves Santo coa procesión da Santa Cea, así como os actos centrais do Venres Santo, co Sermón do Encontro, o Desencravo e a procesión do Santo Enterro. A programación culminará o Domingo de Resurrección, coa tradicional Palomiña e a misa solemne.

Cartel promocional das visitas guiadas en Semana Santa. / Cedida
Ademais, desde a Concellería de Turismo complétase a oferta cun programa de visitas guiadas durante a Semana Santa, que permitirá afondar na historia, no patrimonio e nas tradicións locais, reforzando así o atractivo turístico do municipio nestas datas.
Destino turístico
A concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González, destacou a importancia desta celebración: “A Semana Santa é unha das citas máis importantes do noso calendario, na que tradición, cultura e participación veciñal van da man. Dende o Concello seguimos apoiando e colaborando coa asociación para manter vivas estas tradicións e, ao mesmo tempo, poñer en valor Muros como destino turístico nestas datas”.
Pola súa banda, os representantes da Asociación Semana Santa Muradana puxeron en valor o traballo colectivo que fai posible esta programación, así como a implicación da veciñanza e das persoas colaboradoras que participan cada ano nos actos.
- La Xunta anuncia una nueva oferta de empleo público con más de 800 plazas de libre acceso
- El ascensor que vuelve a poner a Santiago en la élite de la arquitectura mundial
- Luz verde al nuevo barrio de Mallou: la Xunta impulsa el suelo para 3.600 viviendas en el norte de Santiago
- De Arzúa a 'La Isla de las tentaciones': esta es la nueva pareja que se une al popular 'reality' de Mediaset
- Santiago se queda sin aeropuerto 35 días: fechas, motivos, alternativas y el impacto económico
- Un popular influencer gastronómico se rinde a un restaurante 'de pueblo' a media hora de Santiago: 'Va a ir a tu lista
- Parece un cuento de hadas y está a 1 hora de Santiago: el bosque gallego con casas de gnomos y un tipi indio para pasar la noche
- Un autobús atascado colapsa el tráfico en el periférico de Santiago durante más de dos horas