Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

HISTORIA

Descubre os segredos do tecido na antigüidade: obradoiro no Centro Arqueolóxico do Barbanza

Miriam Fernández achegará as técnicas artesanais o día 11 de abril

O obradoiro impartirase o día 11 de abril no Centro Arqueolóxico de Barbanza.

O obradoiro impartirase o día 11 de abril no Centro Arqueolóxico de Barbanza. / Cedida

Boiro

O Centro Arqueolóxico do Barbanza, con sede en Boiro, desenvolve un obradoiro de Tecido na Antigüedade, unha actividade dirixida a persoas adultas interesadas en coñecer as técnicas artesanais da antigüidade.

A actividade terá lugar o sábado 11 de abril en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas cun total de sete horas e media de duración. Durante a xornada as persoas participantes descubrirán os materiais, ferramentas e procesos empregados na elaboración de tecidos, aprendendo técnicas básicas e fiado e tecedura.

Dez prazas

A actividade estará impartida por Miriam Fernández Otero de Clío Gestión Cultural e, ao remate da mesma, cada participante poderá levar consigo unha pequena mostra do traballo realizado.

A capacidade está limitada a 10 prazas polo que se require inscrición previa, que se debe facer mediante a páxina web do centroarqueoloxicodobarbanza.org.

Tracking Pixel Contents